Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Bacharelato semipresencial

Bacharelato semipresencial

1.- Información xeral

2.- Validez académica

3.- Estrutura

4.- Matrícula

5.- Avaliación

6.- Horarios

 

1.- Información xeral:

  • Ofértanse as modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.
  • Estas ensinanzas on equivalentes ás ensinanzas postobrigatorias de bacharelato en réxime ordinario.
  • Son ensinanzas voluntarias e gratuítas (só hai que mercar algún material didáctico).
  • Hai titorías lectivas semanais para cada materia, con asistencia obrigatoria, e titorías de orientación para consultar dúbidas.
  • Estas ensinanzas poderán realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos, pero non se establece ningún límite de permanencia.
  • O alumnado matriculado nestas ensinanzas será considerado para todos os efectos alumnado oficial, tendo dereito á utilización dos seus servizos e das súas instalacións e tamén ten o deber de cumprir as normas existentes no mesmo.

[subir]

2.- Validez académica:

O alumnado que logre a avaliación positiva de todas as materias dunha modalidade de bacharelato expediráselle o titulo de bacharelato na modalidade que se complete. O título de bacharelato dá acceso a:

  • Ciclos formativos de grao superior.
  • Universidade
  • Mundo laboral.

Cando non se rematen os estudos correspondentes a unha modalidade educativa, a dirección do centro emitirá unha acreditación onde consten as materias cursadas e a cualificación obtida.

[subir]

3.- Estrutura:

As ensinanzas do bacharelato para persoas adultas a distancia configúranse en dous cursos académicos segundo a ordenación establecida.

O alumnado que opte por cursar calquera das dúas modalidades do bacharelato (Ciencias ou Humanidades e Ciencias Sociais) poderá matricularse do número de materias que desexe de primeiro ou segundo curso. En calquera caso, non se poderá matricular simultaneamente por primeira vez en materias coa mesma denominación nos dous cursos ou con contido progresivos.

Para obter o título de bacharelato, o alumnado deberá ter superado as materias 4 materias xerais, 2 de opción propias dunha modalidade, 2 materias optativas, Educación Física (só en 1º de bacharelato)  e a de libre configuración autonómica (Lingua e literatura galega) .

Non hai tempo límite para cursar estas ensinanzas. O alumnado pode matricularse do número de materias que desexe, tendo en conta as súas necesidades e dispoñibilidade de tempo.

O alumnado que remate os seus estudos de bacharelato semipresencial e desexe acceder á universidade seguirá os mesmos procedementos ca o alumnado de bacharelato ordinario. Deberá acreditar as materias propias de cada modalidade vinculadas a cada vía de acceso, segundo a orde que regula as probas de acceso á universidade.

Calquera das dúas modalidades de bacharelato que oferta o noso centro ten tres tipos de materias:

  • Comúns.
  • De modalidade.
  • Optativas

Prema neste enlace para consultar a correspondencia entre as materias do sistema extinguido e o novo bacharelato.

 
 

  

 

[subir]

4.- Matrícula:

Consulte o apartado Secretaría Matrícula desta páxina para obter información sobre os prazos de matrícula e documentos a presentar para matrícularse no noso centro.

Pode accder ao bacharelato a persoa que cumpra os requisitos expostos na circular 4/2016. Prema aquí para acceder á información.

[subir]

5.- Avaliación:

A avaliación será continua e diferenciada segundo as distintas materias.

Realizarase, como mínimo, tres avaliacións de carácter formativo ao longo do curso. Rematado o período lectivo, e coincidindo coa sesión da última avaliación, procederase á realización da avaliación final do alumnado.

O alumnado que non se presenta a algunha ou a todas as avaliación parciais poderá presentarse directamente ás avaliación finais ordinaria ou extraordinaria.

O alumnado matriculado en materias de segundo curso que teñan materias de primeiro non superadas, terán dereito cada ano académico a dúas avaliacións destas últimas:

  • Unha ordinaria, que se celebrará na segunda quincena de maio para o alumnado que teña a posibilidade de acceder ao titulo de bacharelato na convocatoria ordinaria, e no mes de xuño para o resto do alumnado.
  • Unha extraordinaria, que se celebrará a finais do mes de Xuño.

As materias nas que o alumnado obteña unha cualificación positiva consideraranse definitivamente superadas.

[subir] 

6.- Horarios:

Consultar o apartado Alumnado Horarios desta páxina.

[subir]

Distribuir contido


by Dr. Radut