1.- Información xeral:
Estas ensinanzas son equivalentes ás ensinanzas obrigatorias de Educación Secundaria Obrigatoria en réxime ordinario (ESO).
Son ensinanzas voluntarias e gratuítas (só hai que mercar algún material didáctico, se así o considerase o profesorado do ámbito).
As clases son diarias e obrigatorias e a avaliación continua.
No centro establécense tres quendas (mañá, tarde e noite) para dar resposta ás necesidades horarias do alumnado (ver Alumnado Horarios).
[subir]
2.- Validez académica:
Ao remate destas ensinanzas, expedirase o título de Graduado en Educación Secundaria a todas aquelas persoas que acaden os obxectivos xerais establecidos.
Esta titulación permite seguir a estudar en:
-
Ciclos formativos de grao medio.
-
Bacharelato LOXSE.
-
Acceso á universidade par maiores de 25 anos.
-
Ou acceder ao mundo laboral.
Cando non se rematen os estudos correspondentes á Educación Secundaria Obrigatoria, a dirección do centro emitirá unha acreditación onde consten os niveis e módulos cursados así como a cualificación obtida.
[subir]
3.- Estrutura:
Na Educación Secundaria de Adultos, o ano académico divídese en dous cuadrimestres:
- 1º cuadrimestre: da última semana de setembro á primeira semana de febreiro.
- 2º cuadrimestre: da segunda semana de febreiro á última semana de xuño.
Estrutúrase en 4 módulos: Módulo 1, 2, 3 e 4. No primeiro cuadrimestre ofértanse os módulos 1, 3 e 4, e no segundo cuadrimestre os módulos 2, 3 e 4.
Os contidos están adaptados ás necesidades e interese das persoas adultas e agrúpanse en ámbitos. Cada módulo consta dos seguintes ámbitos:
- Científico-tecnolóxico.
- Comunicación
- Sociedade.
Ao ser unha modalidade presencial, os materiais empregados serán os que indique o profesorado de cada ámbito.
[subir]
4.- Matrícula:
Con caracter xeral, poden matricularse nas ensinanzas de adultos as persoas maiores de 18 anos ou que os cumpran ata o 31 de decembro do ano vixente.
Na educación secundaria, o alumnado que solicite matricularse no primeiro cuadrimestre do curso académico, debe ter cumpridos 18 anos ou cumprilos ata o 31 de decembro. No segundo cuadrimestre deste mesmo curso para matricularse na educación de persoas adultas é necesario ter cumpridos 18 anos ou cumprilos ata o 30 de abril.
Excepcións:
- O alumnado menor de 18 anos que acredite ter cursadas ensinanzas de persoas adultas en anos anteriores.
- As persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano 2023 con algún dos seguintes requisitos:
- Con contrato laboral.
- Ser deportista de alto rendemento.
- Orde de escolarización de inspección educativa nos seguintes casos:
- Por enfermidade ou impedimento físico (certificación médica oficial, informe do departamento de orientación do centro de procedencia e informe de inspección educativa)
- Alumnado que curse simultaneamente ensinanzas profesionais de música ou de danza, de grao medio de artes plásticas e deseño ou un ciclo formativo de grao medio.
- Cando concorran circunstancias que lle impidan acudir a centros educativos ordinarios e que estean debidamente acreditados (cargas familiares, vítimas de violencia, mulleres embarazadas...) ou que non entiveses escolarizadas no sitema educativo español.
[subir]
5.- Validacións e equivalencias:
- Os cadros de equivalencias pode consultado premendo neste enlace [prema aquí].
[subir]
6.- Avaliación:
A avaliación de cada ámbito será continua, polo que estará integrada no proceso educativo de todo o curso e o profesorado non se baseará só na cualificación final dun único exame.
[subir]
7.- Horarios:
Consultar o apartado Alumnado Horarios.
[subir]