Probas libres ESA

Probas libres para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria para maiores de 18 anos. Convocatorias do 2019.

1. Información xeral

  • Poderás encontrar toda a información totalmente actualizada relativa á realización das probas libres para a obtención do título de Ensinanza Secundaria neste enlace [prema aquí]
  • Unidades didácticas en galego [prema aquí]
  • Unidades didácticas en castelán [prema aquí]
  • Probas anteriores da proba [prema aquí]

2. Prazos de matrícula

  • Convocatoria de maio: 11 ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación. 

3. Realización das probas

  • Convocatoria de maio: 24 de maio de 2019.
  • Convocatoria de setembro: 6 de setembro de 2019.

4. Listaxe de admitidos.

  • No prazo dos 15 días posteriores á conclusión do prazo de presentación de solucitudes, o centro, publicará a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas.
  • Haberá un prazo de 3 días para reclamacións, contados a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe de admitidos.
  • Transcorrido o prazo citado no punto anterior, publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas.

5. Cualificacións.

  • Convocatoria maio 2019. [prema aquí]
  • Convocatoria setembro 2019.

Powered by Drupal - Design by artinet