Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Español para estranxeiros

Español para estranxeiros

1.- Información xeral

2.- Metodoloxía e contidos

3.- Matrícula

4.- Horarios

5.- Programación didáctica

 

1.- Información xeral:

Os obxectivos principais que se pretenden acadar co alumnado inmigrante con respecto á utilización do idioma español son os seguintes:

  • Comprender textos sinxelos, orais e escritos, relativos ás diversas situacións habituais de comunicación, feitos e obxectivos coñecidos polo alumnado e próximos aos seus intereses e necesidades, emitidos por falantes au por medios de comunicación.
  • Utilizar oralmente o español como lingua de comunicación co profesor, e na medidda das súas posibilidades co resto de persoas do centro.
  • Producir mensaxes orais e escritos en español nas diversas situacións habituais de comunicación.
  • Obter informacións globais mediante unha lectura de forma comprensiva e autónoma de pequenos textos escritos relacionados con situación habituais de comunicación, adecuados ás capacidades e intereses do alumnado e relacionados coas súas necesitades.
  • Establecer relacións entre o significado,a pronuncia e a representación gráfica dalgunhas palabras e frases do español e a súa experiencia con outras línguas.

Son ensinanzas voluntarias e gratuítas (só hai que mercar algún material didáctico).

As clases son diarias e a avaliación continua.

No centro establécense quendas de tarde e mañá (consultar o apartado Alumnado Horarios), adaptándose en xeral ao alumnado, para dar resposta ás necesidades horarias das persoas que realizan estes cursos.

[subir]

2.- Metodoloxía e duración:

Debido ás necesidades e as situacións de comunicación oral en língua española, traballaranse aspectos e contidos relacionados coas función habituais da vida cotiá:

  • Presentarse un mesmo e presentar a outros.
  • Preguntar por alguén ou por algo.
  • Preguntar pola idade.
  • Identificar e describir persoas ou cousas.
  • Situarse e situar as cousas no espazo e no tempo.
  • Preguntar pola data e a hora, por un lugar ou por un enderezo.
  • Preguntar polo tempo meteorolóxigo.
  • Facer compras.
  • Expresar desexos, gustos e estados físicos.
  • Preguntar por cantidades e prezos.
  • Manifestar o desacordo ou a protesta e reclamar obxectos perdidos.

Para traballar estes contidos prestarase maior atención ao vocabulario relativo aos temas máis comúns:

  • Riscos físicos e partes do corpo humano.
  • Relación de parentesco.
  • Profesións.
  • Enderezo.
  • Nacionalidade.
  • Prendas de vestir.
  • Obxectos domésticos.
  • Comidas e bebidas.
  • Números ordinais e cardinais.
  • Adxectivos calificativos de cor, tamaño, características físicas e de saúde.

Rutinas, expresión de uso frecuente, expresións idiomáticas e fórmulas básicas de interaccións social:

  • Saúdos e despedidas.
  • Fórmulas para preguntar e responder afirmativa e negativamente.
  • Fórmulas de cortesía.
  • Espresións de idades.
  • Fórmulas que expresan indicacións e prohibicións.
  • Fórmulas para expresar a dor física e estados de ánimo.
  • Normas básicas de pronuncia.
  • Uso das preposicións de lugar, tempo, etc.
  • Presente, pasado, futuro e imperativo dos verbos utilizados nas situación contempladas.

Os grupos serán reducidos, cunha metodoloxía individualizada e con materiais específicos e con horarios flexibles.

Organízanse para que poidan cursarse nun ano académico. A permanencia do alumnado neste nivel é flexible e será o tempo que o propio alumno/a considere o axeitado, sempre aconselladado polo/a titor/a, tendo en conta o seu propio ritmo de aprendizaxe para lograr obxectivos establecidos.

[subir]

3.- Matrícula:

O período de matrícula está aberto todo o curso, sempre que a dispoñíbilidade do centro o permita.

O alumnado que solicite por primeira vez matricularse no curso de español para inmigrantes deberá presentar a seguinte documentación:

  • Unha fotografía tamaño carné.
  • Fotocopia do DNI ou Pasaporte.

[subir]

4.- Horarios:

Consultar o apartado Alumnado Horarios.

 [subir]

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut