Libros utilizados en bacharelato
Mostramos a listaxe de libros utilizados en bacharelato no curso 2020/2021. [prema aquí]
Recoméndase antes de comprar algún destes libros falar antes co profesorado encargado de impartir a materia.
Benvida ao noso centro
Tes unha nova oportunidade!Aínda estás a tempo de aprender e mellorar! |
|
O noso centro
O centro EPA é o único en Ourense adicado plenamente á Educación de Adultos, ofrecendo un amplo abano de ensinanzas regradas e non regradas. Actualmente está autorizado para impartir ensinanzas básicas iniciais (nivel I e II, alfabetización, español para inmigrantes,etc) e mais ensinanzas en Educación Secundaria de Adultos tanto na modalidade presencial como na de distancia; igualmente está autorizado para impartir o bacharelato semipresencial ademais de cursos de informática, inglés e francés en diferentes niveis. O centro colabora ademais realizando titorías presencias en Proxecto Home Galicia e os centros de menores Montefiz e Monteledo.
|
Situación
O noso centro está situado nun edificio que foi antiga escola graduada, despois colexio de EXB e agora destinado a educación de persoas adultas. Está situado nun barrio próximo ao centro da cidade, concretamente no barrio do Couto.
Prema aquí para obter un plano en Google Maps sobre a nosa ubicación.
|
|
Horario do centro:
- Quenda de mañá: de 9.00 h a 14.00 h
- Quenda de tarde-noite: de 16.00 h a 22.30 h
Contacto:
Tel: 988243834
Email: epa.ourense@edu.xunta.es
Dirección: Rúa Álvarez de Soutomaior nº 4, 32002 Ourense