Proxectos

Proxectos

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, coopertivo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Neste curso escolar ofrécense 45 programas educativos, que poden ser consultados na web de Proxecta (https://www.edu.xunta.es/programaseducativos/)

Xustificación

Logo do camiño na loita pola igualdade de dereitos entre os homes e as mulleres, na sociedade do século XIX cómpre afondar neste empeño recoñecendo os valores e as achegas das mulleres á innovación cultural, científica e intelectual e situalas nos contextos que lles tocou vivir. Para esta tarefa é esencial descubrir aspectos esquecidos e que nos axuden a comprender máis profundamente o que significaron.

Obxectivo xeral

O programa "Donas de si" ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias. Para conseguilo propón realizar unha aproximación de conxunto, que teña en conta a variable de xénero, a figuras relevantes (atendendo especialmente as figuras esquecidas ou ocultas) da nosa historia para construír e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia.

Profesorado 

  • Silvia Gaspar García: Persoa coordinadora. Docente de Francés e Lingua Castelá.
  • Purificación Vázquez Fidalgo: Docente de Matemáticas.
  • Ana Belén Iglesias García: Docente de Matemáticas e TICs.

Alumnado

  • Bacharelato 1º quenda da noite.
  • Módulos 1º e 2º da ESA, quenda de noite.
  • Módulos 2º e 3º da ESA, quenda da mañá.

Imaxes colgadas no corredores do centro

 

 

Prema sobre as imaxes e poderá consultar información sobre o noso Proxecto.

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

O mundo da industria téxtil está nun proceso de transformación do que foi no pasdo ao que é hoxe, as novas tecnoloxías, a globalización e a ecoloxía son as tres forzas principais que inflúen neste proceso, coa consegunte presión sobre os recursos, os mercados e a moda. Ao mesmo tempo, mellorar a calidade do sistema educativo é un dos obxectivos principais da estratexia europea 2020 para un creceento intelixente, sotible e integrador (Consello de Europa 2010).

DARE2WOW reúne a 7 centros diversos de 6 países de Europa para apoiar o desenvolvemento, a transferencia e a implementación conxunta de prácticas innovadoras que poidan promocionar a cooperación, a aprendizaxe entre iguais e o intercambio de experiencias na área de produción e explotación téxtil. 

CENTROS ASOCIADOS

Centro de Educación e Promoción de Adultos EPAPU de Ourense (España)

Instituto professionale statale per i servizi aziendali, turistici, grafici, sociali e alberghieri L. Cossa (Italia)

Bulgara Centre for Development (Bulgaria)

AETOI THESSALONIKIS (Grecia)

SISU Consulting Ltd. (Reino Unido)

IPSIA Luigi Cremona Pavia (Italia)

Biedriba "Islices sieviesu klubs "Ritausma" (Letonia)

   

PROGRAMA DE APRENDIZAXE PERMANENTE DA COMISIÓN EUROPEA, LIFELONG LEARNING PROGRAMME

PROXECTOS GRUNDTVIG DO CENTRO DE EDUCACIÓN DE ADULTOS DE OURENSE

  • PRACTICE MAKES PERFECT (2003-2006)

Esta asociación de Aprendizaxe axudou ao alumnado a entender que forman parte dun entorno europeo que ofrece unha grande variedade de culturas, nacións e idiomas. Asimesmo, déronse conta de que vivir e traballar nunha sociedade do coñecemento require unha cidadanía europea activa. O proxecto introduciu o pensamento crítico sobre as propias tradicións e costumes, así como a tolerancia cara outros países e culturas europeas. Ademáis, estableceu unha rede europea transnacional permanente de instalacións de aprendizaxe electrónico, onde os estudantes adultos poden intercambiar información cultural, histórica, económica e xeográfica para mellorar os seus coñecementos sobre as sociedades e culturas doutros países.

Enlace: http://www.sih.lt/en/pmp

  • THE HEART FAR AWAY, O CORAZÓN AFASTADO (2007-2009)

Este proxecto uniu a EPAPU de Ourense con centros de Burdeos (Francia), Praga (República Checa) e Monterroso (Lugo), na tarefa de reeducación do alumnado recluido en prisións, ou en centros de menores.

O medio escollido foi o uso da autobiografía, como proceso de reflexión sobre o pasado e búsqueda de novas saídas vitais para un futuro esperanzador.

Como resultado deste proxecto, foron publicadas dúas edicións das autobiografías co mesmo nome, unha multilingüe, e outra en castelán e galego, hoxe presentes nas bibliotecas de todos os centros penitenciarios de España.

Enlace: http://theheartfaraway.blogspot.com.es/

  • EXPLORING WAYS TO REACH THE HARD TO REACH, DIFÍCILES DE ALCANZAR (2009-2011)

"Difíciles de alcanzar" en inglés son todas aquelas persoas que poideran ter dificultades de integración nas nosas sociedades, en especial as que padezan máis problemas á hora de acceder a axuda oficial.

Calquera persoa ao longo da súa vida pode sufrir unha situación de desamparo, de desarraigo, de reclusión, de soedade. A exclusión pode chegar por causa da idade, a raza ou orixe, o desemprego, a enfermidade e, en certos países, por causa do xénero ou a orientación sexual.

O proxecto serviu de intercambio de boas prácticas con Reino Unido, Italia e Irlanda, campartindo as mellores accións levadas a cabo en cada país no uso da educación como medio integrador. Esta é unha experiencia que podería ter continuidade nun proxecto multilateral para a elaboración de materiais inclusivos.

  • MOODLE INTERACTIVA PLATFORM (2011-2013)

A primeira Asociación de Aprendizaxe coordinada por EPAPU, ten como obxectivo continuar no camiño da integración, esta vez por medio das novas tecnoloxías.

Grande parte do alumnado que presenta problemas de aprendizaxe, en cambio é hábil no uso dos ordenadores, interésase polas pesquisas en internet, gosta de contribuír ao traballo en grupo e recibe como un alivio as posibilidades que os novos programas informáticos ofrecen.

O obxectivo do proxecto é usar a plataforma Moodle, non como substituto das clases presenciais, onde todos nos enriquecemos e participamos das vivencias dos demáis, senón como apoio, reforzo, fonte de información, vehículo de creación e presentación de traballos e lugar de encontro e debate sobre os temas que nos interesan.

Ao mesmo tempo, intercambiamos experiencias, información, ampliamos nosa rede de centros asociados e establecemos lazos de amizade con Betzdorf-Kirchen en Alemania e Akhisar en Turquía. Participa con nós no curso 2011-2012 a nosa axudante Grundtvig de Guimarães, Portugal.

Enlace: https://sites.google.com/site/moodleinteractiveplatform/

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet