Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

   

Suxestións de lectura

Ultimas xuntanzas do curso dos clubs de lectura

Coa chegada do mes de xuño e o remate do curso ímoslle poñendo o ramo ás derradeiras lecturas deste curso académico. Ao longo desta semana celebramos as reunións para comentar as lecturas dos libros seleccionados: "Golpes de luz" de Ledicia Costas e "La trenza" de Laetitia Colombani. Para o vindeiro curso esperamos contar con máis alumnos e máis profes que se sumen ás nosas lecturas e ás nosas posteriores reunións.

No club de lectura dos alumnos comentamos un novo libro: Las gratitudes

O luns 24 de abril celebramos unha nova xuntanza dun dos clubs de lectura. Nesta ocasión foi o grupo dos alumnos os que se reuniron en torno a un café, non pode faltar, para analizar a lectura do marabilloso libro de Delphine de Vigan "Las gratitudes". Intercambiaron impresións e opinións sobre a temática tratada pola autora nesta novela: as relacións persoais, a terceira idade, a dependencia...

Nova reunión do club de lectura do alumnado da EPAPU

O pasado 27 de marzo celebramos unha nova reunión do club de lectura do alumnado da Epapu para comentar a lectura do libro de Ledicia Costas "Golpes de Luz" que deu moito de sí pola cantidade de temas que se tratan. Unha sesión ao redor dun café que resultou moi agradable.

 

Xuntanza do clube de lectura de profes, analizamos "Las gratitudes" de Delphine de Vigan

O pasado mércores celebramos a segunda reunión do clube de lectura de profesores. Analizamos a lectura do libro da autora francesa Delphine de Vigan "Las gratitudes". Unha fructífera reunión para un libro que gustou moito entre tódolos integrantes do clube de lectura.

Nova reunión do club de lectura de adultos da EPAPU

Onte 27 de febreiro reúnese novamente o club de lectura de adultos da Epapu para comentar o libro "Azucre" da autora coruñesa Bibiana Candia. A reunión fixose ao redor dun café, resultando do máis interesante posto que foi un libro que gustou en xeral moito entre os participantes. Este club vaise ampliando pouco a pouco e esperamos seguir disfrutando da lectura e do intercambio de impresións dun xeito tan fantástico.

Acudimos ao encontro con Ledicia Costas

O pasado martes 24 de xaneiro, dúas alumnas do centro acudiron xunto coa profesora responsable María, ao encontro literario que tivo lugar no salón noble do Liceo de Ourense coa escritora Ledicia Costas. Representaron á nosa escola na tertulia literaria sobre a obra "Golpes de Luz" participando con outros membros de clubes de lectura de Ourense.

Club de lectura: InCLUBsión

Desde a BiblioEPA, a biblioteca da nosa escola, convídannos a participar no club de lectura InCLUBsión. Sexas alumna, alumno ou traballador do centro podes formar parte do club de lectura. Só tes que anotarte na quenda que mellor che encaixe: mañá, tarde ou noite. En cada unha das aulas tedes a vosa disposición un cartaz onde facelo.

Anímate e participa!!!

A muller rural labrega: charla con Carmen Iglesias Sueiro e encontro coa poeta Ana Vila

Tralo inicio do curso a nosa BiblioEPA, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua, retoma o desenvolvemento das primeiras actividades deste ano académico. Para abrir boca teremos unha interesante charla-coloquio coa mestra e politica ourensá Carmen Iglesias Sueiro. Será o vindeiro martes 18 de outubro de 19:30 a 20:15.

 

Posteriormente, o 26 de outubro, en doble sesión de mañá, na nosa escola de 11:50 a 12:40, e de tarde no Proxecto Home. O alumnado tera a oportunidade de coñecer á autora Ana Vila Portomeñe, poeta e labrega da parroquia de Meixonfrío, Taboada (Lugo). Autora de, entre outras obras: "Latexos dunha labrega", "Pintasías. Poesías e debuxos" e "Sentidos nunha aldea" ademais dunha variada obra colectiva.

Puntos de bookcrossing na escola

Os responsables da biblioteca do noso centro veñen de instalar dous puntos de Bookcrossing para o intercambio de libros. Nestes puntos poderás coller o libro que máis che interese para a súa lectura e tamén deixar aqueles que che gustaría compartir con outros lectores do noso centro. Anímate!!!

Lembra tamén, que no taboleiro de suxerencias de lecturas poderás atopar recomendacións interesantes. Este mes de outubro o autor recomendado é o ourensán Eduardo Blanco Amor.

Encontros con autores: Laura Novelle

A BiblioEPA, invítanos a ler e a escoitar a unha muller excepcional: Laura Novelle. En dúas sesións o día 7 de marzo, pola mañá ás 11 no noso centro EPAPU de Ourense e pola tarde ás 17:00 no Salón de Actos do Proxecto Home. Licenciada en Historia e cun posgrao en Xestión documental pola Universidade Jaume I, investigadora, docente nos diversos campus da Universidade de Vigo, bibliotecaria, escritora...Nin a súa diversidade funcional nin a súa condición de muller foron un obstáculo para conseguir as súas metas. Podes saber máis dela lendo o seu blog "Docendo Discitur" e por suposto acudindo a escoitala. 

Distribuir contido


by Dr. Radut