Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Inicio curso de capacitación dixital

Todas as persoas interesadas que se inscribiron para a realización do cursiño de capacitación dixital foron admitidas no horario da súa primeira preferencia. Desta maneira, o vindeiro luns 2 de outubro inícianse os grupos con horarios de 9:00 a 11:00 da mañá e 20:00 a 22:00 da tarde. O seguinte día, o martes 3 de outubro, comezará a docencia no terceito grupo con horario de 11:00 a 13:00 horas.

As sesións terán lugar na Aula de Capacitación Dixital da Epapu Ourense, estreada para ocasión e localizada no segundo andar do noso edificio.

Vémonos a vindeira semana!!!

Curso de Capacitación Dixital

Ao longo do mes de Outubro poderás realizar con nós un curso de capacitación dixital de 30 horas de duración totalmente gratuíto e obter o certificado oficial correspondente. Se premes na imaxe descargarás o díptico informativo en pdf con toda a información sobre horarios e contidos.

Podes matricularte presencialmente na EPA de Ourense ou ben cubrindo e envíando o seguinte formulario

 

Inicio de curso. Horarios das distintas presentacións e comezo das clases

Información sobre as presentacións dos distintos cursos e os horarios nas que se realizan. Tede en conta que todas as presentacións terán lugar o luns día 11 de setembro agás as de Bacharelato que serán o día seguinte, martes 12. Finalmente os cursiños de idiomas e informática iniciaranse a partires do luns 18 de setembro.

PREME NA IMAXE PARA CONSULTAR CON MÁIS DETALLE

Información matrícula cursiños de idiomas e informática

Ao longo da tarde do vindeiro luns 11 de setembro publicaremos os distintos grupos e horarios nos que poderades matricularvos o vindeiro curso.

O prazo de matrícula abrirase o martes 12 de setembro ás 9 da mañá ata o xoves 14. Os distintos cursiños iniciaránse na semana do 18 de setembro.

Acude a matricularte cunha copia do teu DNI ou documento identificativo e cunha fotografía.


 

Matricula extraordinaria Setembro curso 2023-2024

O venres día 1 ábrese o prazo extraordinario de matricula para o curso 2023-2024. Anímate, ainda estás a tempo de estudar connosco o vindeiro curso!!!

FAI CLIC NA IMAXE PARA MÁIS INFORMACIÓN

Aberto prazo de matrícula xuño

Xa aberto o prazo de matrícula de xuño para Eduación Secundaria, Presencial e Semiprencial, e tamén bacharelato. Acude a informarte á nosa escola.

Excursión alumnado de EBIS e Español á Ribeira Sacra e Castro Caldelas

Este xoves 15 de xuño amenceu un radiante e solleiro día, fantástico para que o alumnado de Ensinanzas Básicas Iniciais e de Español para estranxeiros, acompañados dos seus profesores, se dirixiran cara a Ribeira Sacra para embarcar no catamarán turístico e navegar polo fermoso canón do Sil. 

Tralo percorrido encamiñáronse cara a vila de Castro Caldelas onde, tras repor enerxías e pasear polo seu casco antigo, visitaron o seu Castelo. Un día de convivencia para rematar o ano académico.

O noso compañeiro Santiago enviounos estas fotografías para darnos algo de envexa...

 

   
   
   

Ultimas xuntanzas do curso dos clubs de lectura

Coa chegada do mes de xuño e o remate do curso ímoslle poñendo o ramo ás derradeiras lecturas deste curso académico. Ao longo desta semana celebramos as reunións para comentar as lecturas dos libros seleccionados: "Golpes de luz" de Ledicia Costas e "La trenza" de Laetitia Colombani. Para o vindeiro curso esperamos contar con máis alumnos e máis profes que se sumen ás nosas lecturas e ás nosas posteriores reunións.

4º B Quenda mañá: Xornal "EPAPU al día"

O alumnado de 4º B (César, Antonella, Lena, Daniel, Ignacio, Eduardo, Jonathan e Selenia) elaborou no 2º cuadrimestre un xornal, que titularon EPAPU al día, na asignatura de Lingua Castelá e Literatura. Mediante este proxecto, traballouse na clase diferentes aspectos da comprensión e expresión escrita, así como os xéneros periodísticos e a literatura do século XX. Durante o proceso, mostraron a súa creatividade, compañeirismo e traballo diario, que deu como resultado un xornal diferente e divertido. Convidámosvos a lelo!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut