Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Prazo matrícula curso 24-25: ESA, ESAD e Bacharelato

PREME NA IMAXE PARA DESCARGAR O PDF 

Viaxe a Lyon do alumnado dos cursiños de francés

Do 9 ao 12 de maio o alumnado dos cursos básico e intermedio de francés viaxou, xunto a dúas profesoras, á marabillosa cidade de Lyon (Francia).

Tivemos tempo de practicar o francés, de descubrir a cidade medieval de Pérouges e os restos romanos de Vienne, así como de practicar uns bailes no andén da estación para animar a espera.

Disfrutamos moito da viaxe e do super ambiente do grupo.

Cerimonia de graduación: promocións 23/24 da EPAPU

Onte xoves, vestimos as nosas mellores galas e achegámonos ata o Centro Cultural Marcos Valcárcel para despedir como se merecen ás nosas alumnas e alumnos que acadaron o título de graduado da ESO ou de Bacharelato. O seu esforzo levounos a conseguir esta ansiada meta e desde a EPAPU animámolos a perseverar e encamiñarse cara novos desafíos. Noraboa a todas e todos. Foi un pracer tervos con nós!!!

Podedes acceder ás fotografías do acto no seguinte enlace

           
   
   
 

Calendario exames convocatoria extraordinaria ESA Presencial e 1º Bacharelato

Publicamos os derradeiros calendarios de exames deste curso académico. Son os exames da convocatoria extraordinaria de xuño que se realizarán os días 19, 20 e 21 de xuño no caso da ESA presencial e do 17 ao 20 de xuño para o primeiro curso de Bacharelato.

PREME NAS IMAXES PARA DESCARGAR OS PDF

 

 

 

Excursión alumnado de EBIS e Español á Baiona

Este venres 7 de xuño coa fin de curso xa moi próxima, o alumnado de Ensinanzas Básicas Iniciais e de Español para estranxeiros celebraron a súa viaxe de fin de curso acompañados polos seus profes.

Nesta ocasión achegáronse ata a vila de Baiona onde visitaron a Casa da Navegación, o Museo-Carabela A Pinta e o parque e mirador da Virxe da Rocha. Tras un merecido descanso, pasearon polo centro histórico e o paseo marítimo rematando coa visita ao castelo-fortaleza de Monterreal. Un fantástico día de convivencia para finalizar o ano académico.

Os nosos compañeiros Santiago e Toño enviáronnos estas fotografías para darnos algo de envexa...

   
   
 

 

 

Saída cultural ESA quenda noite: Biblioteca Nós, Claustro e Cemiterio de Sán Francisco

Este pasado venres, 31 de maio, derradeiro día lectivo antes dos exames finais ordinarios, os tres grupos da ESA presencial da quenda da noite participaron nunha interesante actividade organizada polas súas tres titoras.

Consistiu na visita á Biblioteca pública do Estado de Ourense, "Biblioteca NÓS", onde nos recibiu e acompañou a propia directora, Rosa Díaz. Logo o técnico de arquivos, Francisco M. Sandoval ensinounos e explicounos a historia dun dos edificios históricos máis salientables da cidade, o actual Arquivo histórico provincial de Ourense, sito no antigo Convento de San Francisco, que foi logo tamén Cuartel de San Francisco. Tivemos a oportunidade de disfrutar tamén do magnífico claustro gótico, tesouro artístico da nosa cidade.

Finalmente, grazas a un dos nosos alumnos, Anderson Rafael Fernández, traballador no Cemiterio de San Francisco, tivemos o privilexio de entrar fóra do horario oficial da instalación e visitar e facer unha homenaxe a diferentes personalidades da cidade, cuxos restos repousan alí (Otero Pedraio, Olga Gallego, José Ángel Valente, Pura e Dora Vázquez, Cuevillas, Blanco Amor, entre outros), así como á "pobre Asunción" e o Memorial das persoas fusiladas no antigo Campo de Aragón.

   

Acompañáronnos na visita, ademais, outras compañeiras do centro EPAPU e algunha que outra invitada, ás que lles agradecemos a súa presenza.

GRADUACIÓN ESA, ESAD E BACHARELATO

O vindeiro xoves 13 de xuño celebraremos a graduación da ESA, ESAD e Bacharelato. 

Unha vez realizado o reconto do alumnado inscrito no evento, admítese o número máximo de acompañantes que o alumnado indicou no formulario.

Proba de avaliación inicial para novo alumnado sen requisitos académicos

PREME NA IMAXE PARA DESCARGAR EN PDF

Calendarios de exames finais xuño

A continuación podedes consultar os calendarios finais de exames das distintas convocatorias que se efectuarán nas vindeiras semanas de xuño. 

PREME NAS DIFERENTES IMAXES PARA DESCARGAR OS CALENDARIOS EN PDF

En primeiro lugar tedes o calendario final da convocatoria ordinaria de xuño da ESA que se celebrarán do luns 3 ao mércores 5 de xuño:

 A continuación o calendario dos exames de 1º Bacharelato da convocatoria ordinaria de xuño (tamén para alumnos de segundo curso pero con materias pendentes de primeiro). Os exames serán do luns 3 ao xoves 6 de xuño.

E finalmente a convocaria extraordinaria de segundo de bacharelato con exames desde o día 10 de xuño luns ata o mércores 12 de xuño.

 

Calendario final de curso xuño 2024

FAI CLIC NA IMAXE PARA DESCARGAR O CALENDARIO EN PDF

 

Distribuir contido


by Dr. Radut