Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Cursos de informática

Cursos de informática presenciais

1.- Información xeral

2.- Coñecementos que se pretenden acadar

3.- Matrícula

4.- Destinatarios dos cursos

5.- Horario dos cursos

 

1.- Información xeral:

As clases comenzarán a principios de outubro e rematarán a mediados de xuño. As clases consistirán nunha sesión de hora e media á semana.

Realizarase unha avaliación inicial para detectar os coñecementos informáticos previos do alumnado para que así se poidan incorporar aos distintos niveis que se organicen no curso.

[subir]

2.- Coñecementos que se pretenden acadar:

  • Preséntanse algúns dos coñecementos que se pretenden acadar:
  • Os compoñentes dun ordenador. Diferentes periféricos: lectores de CD/DVD, lapis de memoria, discos duros, impresoras, etc.
  • Adquisición de destrezas co rato, mediante programas específicos ou mediante a realización de operación básicas no escritorio de Windows.
  • Operacións básicas no sistema operativo: reprodutor de video e son, presentación de fotografías, etc.
  • Utilización da internet en xeral.
  • Alta nun correo electrónico gratuíto, así como a súa aprendizaxe e utilización básico.
  • O procesador de textos Word. Utilización básica.
  • A folla de cálculo Excel e as operacións sinxelas que se poden facer neste programa.
  • O manexo básico do programa Power Point.
  • Arquivos .pdf, compresión en .zip e .rar.
  • Traballar en rede.
  • Realizar diferente tipos de buscas en Google.
  • Visitas a museos e outras organizacións.
  • Consultar DOG, BOP, BOE, etc.
  • Consultar algúns datos en facenda, tráfico, etc.
  • Ver televisión e escoitar radio a través da internet.
  • Consultar rúeiros, videos gravados nas diferentes rúas, fotografías destas, etc.

[subir]

3.- Matrícula:

Consultar o apartado Secretaría Matrícula desta páxina para ober máis información sobre os prazos de matrícula e documentos a presentar para matricularse nestes cursos.

[subir]

4.- Destinatarios dos cursos:

Os cursos están dirixidos a persoas:

  • Cun nivel cero en informática, que se incorporarán ao nivel básico.
  • Con certo nivel adquirido do curso anterior ou que xa posúan certos coñecementos básicos, que se incorporarán ao nivel avanzado. 

[subir]

5.- Horario dos cursos:

Consultar o apartado Alumnado Horarios.

[subir]

Distribuir contido


by Dr. Radut