Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Ensino Básico (Niveis I e II)

Niveis I e II

1.- Información xeral

2.- Metodoloxía e duración

3.- Matrícula

4.- Horarios

5.- Programación didáctica

 

1.- Información xeral:

Ensinanzas pensadas para persoas adultas que desexan:

  • Adquirir técnicas básicas de lecto-escritura, razoamento matemático e cálculo que lle faciliten a comprensión lingüística e matemáticas suficiente para satisfacer as necesidades que se lle presentan na súa vida cotiá e par a comprensión da realidade do sue contorno.
  • Acceder a novas aprendizaxes e tecnoloxías que faciliten a garantía de éxito en cursos de cualificación profesional.
  • Potenciar a súa participación activa na vida social, cultural, política e económica.

Son ensinanzas voluntarias e gratuítas (só hai que mercar algún material didáctico).

As clases son diarias e a avaliación continua.

No centro estáblecese quendas adaptadas ao alumnado (consultar alumnado horarios) para dar resposta ás necesidades horarias das persoas que realizan os cursos.

[subir]

2.- Metodoloxía e duración:

  • Os contidos organízanse arredor de eixes temáticos, baseados nas características, necesidades e intereses das persoas adultas, e abórdanse desde a perspectiva da expresión lingüística, matemática e dos aspectos relacionados co medio social e natural, sendo a globalización o principio metodolóxico que debe dirixir o proceso de alfabetización.
  • Grupos reducidos, cunha metodoloxía individualizada e con materiais específicos, en horarios flexibles, cun mínimo de 12 períodos lectivos semanais.
  • Organízanse para que poidan cursarse nun ano académico. A permanencia do alumnado neste nivel é flexible, e será o tmpo que propio alumnado, sempre aconsellado polo profesorado e o/a orientador/a, consedera axeita, tendo en conta o seu propio ritmo de aprendizaxe para lograr os obxectivos establecidos.

[subir]

3.- Matrícula:

O período de matrícula está aberto durante todo o curso, sempre que a dispoñibilidade do centro o permita. Consultar previamente.

O alumnado que solicite por primeira vez matricularse no Nivel I de persoas adultas deberá presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude de matrícula (pdf).
  • Unha fotografía tamaño carné, co nome escrito por detrás
  • Fotocopia DNI ou pasaporte.

[subir]

4.- Horarios:

Consultar o apartado Alumnado Horarios.

[subir] 

5.- Programación didáctica:

Consultar o apartado Programación didáctica Ebis Niveis I e II.

[subir] 

Distribuir contido


by Dr. Radut