Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

   

ESAD

Ensinanza Secundaria Semipresencial

1.- Atención alumnado

2.- Información xeral

3.- Validez académica

4.- Matrícula

5.- Validacións e equivalencias

6 .- Folla informativa da coordinadora Módulos 1 e 2

7.- Folla informativa da coordinadora Módulos 3 e 4

 

 

Desde o centro EPAPU de Ourense dámoslle a benvida como alumna/o de Educación Secundaria para persoas adultas na modalidade de ensinanza semipresencial (coñecida como ESAD – Educación Secundaria a Distancia Semipresencial) e animámola/o a proseguir coa súa formación. 

1.- Atención alumnado:

 Cristina Luaces, coordinadora de ESAD, estará á súa disposición para calquera consulta:

  • De forma presencial / telefónica (988243834)      

• Os luns de 17.40 h a 18.30 h.

• Os martes de 12.40 h a 13.30 h.

• Os mércores de 18.30 h a 19.20 h

  •   No correo cristinaluaces@edu.xunta.gal 
  •   No servizo de mensaxería da aula virtual

 

2.- Información xeral:

ESTRUTURA E EXAMES

A ESAD organízase en 4 módulos (ou cursos) de duración cuadrimestral (1, 2, 3, 4). 

 O ano académico divídese en 2 cuadrimestres. En cada cuadrimestre pode cursar un módulo. Nun ano académico (de setembro a xuño) pode cursar dous módulos: 

  • 1º cuadrimestre de setembro a febreiro:             DATAS DOS EXAMES
    1. Primeira avaliación   -----------------------------    9 de novembro
    2. Avaliación final      --------------------------------   2 de febreiro
    3. Recuperación      ----------------------------------   23 de maio
  • 2º cuadrimestre de febreiro a xuño: 
    1. Primeira avaliación    ----------------------------    11 de abril
    2. Avaliación final      --------------------------------   7 de xuño
    3. Recuperación      ---------------------------------   21 de xuño

  O día do exame deberá presentarse no centro, cun documento identificativo, neste horario:

  • De 9.30 a 11.45: Probas do ámbito científico-tecnolóxico e ámbito social. 
  • De 12.00 a 14.00: Proba do ámbito da comunicación.

 

ORGANIZACIÓN E SECUENCIACIÓN

As materias están organizadas en ámbitos. Cada módulo consta dos seguintes ámbitos:

  • Ámbito Científico-Tecnolóxico (composto por matemáticas e ciencias da natureza e tecnoloxía).
  • Ámbito de Comunicación (composto por lingua galega, lingua española e linguas estranxeiras -inglés ou francés- a escoller unha).
  • Ámbito Social (Sociedade).

Polo tanto, para aprobar un ámbito, deben aprobarse todas as materias que o compoñen (exemplo: se na convocatoria de febreiro aproba Ciencias da Natureza pero suspende Matemáticas, na convocatoria/recuperación de maio deberá examinarse de novo das dúas materias, non se gardan as notas das materias suspensas).

 

ÁMBITOS PENDENTES

No mesmo cuadrimestre non pode estar matriculado/a dun ámbito que teña suspenso do módulo anterior (p. ex., non pode cursar o Ámbito Social do módulo 2, tendo ese ámbito suspenso no módulo 1).

Excepción: 

O alumnado do módulo 4 ao que lle falte para titular un ámbito do módulo 3 e ámbitos do módulo 4 pode matricularse de dous módulos do mesmo ámbito nun mesmo cuadrimestre. Debe superar o ámbito do módulo 3 antes de ser avaliado do módulo 4.

 

AVALIACIÓN E PROMOCIÓN DE CURSO (DO 1º AO 2º CUADRIMESTRE)

O exame da 1ª avaliación versará sobre os contidos das 2 primeiras unidades de cada ámbito.  No ámbito científico-tecnolóxico, entrarían as 2 primeiras unidades de matemáticas e as 2 primeiras unidades de ciencias da natureza.

• Se aproba a 1ª avaliación, na avaliación final examinarase só da parte restante da materia.

• Se non aproba ou non se presenta á 1ª avaliación, na avaliación final deberá examinarse de todo o contido da materia.

 

Despois do exame de febreiro:

Ten 2 ou máis ámbitos aprobados:

  • Promociona ao seguinte módulo no 2º cuadrimestre. 
  • Debe recuperar o ámbito suspenso na recuperación do 23 de maio.

 • Ten 2 ou máis ámbitos suspensos:

  • Asiste regularmente ás titorías?
    • Debe matricularse dos ámbitos suspensos no 2º cuadrimestre.
    • O exame final será o 7 de xuño e a recuperación o 21 de xuño.
  • Non asiste ás titorías? Ten 2 pcións:
    • Examínase dos ámbitos suspensos na recuperación do 23 de maio.
    • Renuncia á recuperación de maio e matricúlase de novo no 2º cuadrimestre, tendo así o exame final o 7 de xuño e a recuperación o 21 de xuño.

                      Esta renuncia debe formalizarse na secretaría do centro antes do 29 de febreiro.

 

MATERIAL DIDÁCTICO

Empregará os materiais didácticos elaborados pola Consellería,  que poderán ser atopados aquí.

Para francés, póñase en contacto coa profesora. 

 

TITORÍAS

Contará para o desenvolvemento do seu proceso de aprendizaxe cunha atención titorial de forma presencial e a distancia.

As titorías presenciais son colectivas e de asistencia obrigatoria. Contamos con titorías nas quendas de mañá e tarde, co fin de que vostede poida asistir ao grupo que que mellor se adapte ás súas posibilidades. 

En relación á atención titorial a distancia, o profesorado o atenderá de forma telefónica ou telemática mediante o servizo de mensaxería da Aula Virtual. O profesorado que imparte esta modalidade será:

As titorías dos módulos 1 e 2 serán impartidas na aula 1.3, a excepción das indicadas no horario.

 

 

As dos módulos 3 e 4 serán impartidas na aula 2.2, a excepción das indicadas no horario.

 

 

ABALAR

Poderá consultar as súas cualificacións a través da aplicación móbil abalarMóbil.

Para a súa instalación e rexistro, mire este videotitorial.

 

AULA VIRTUAL

Pode acceder á aula virtual desde aquí, introducindo o seu nome de usuario e o seu contrasinal

  • Usuario: o seu DNI, NIE ou pasaporte con letras minúsculas (ex: 46982691x)
  • Contrasinal: 1234 (que posteriormente terá que modificar). 

Prema no módulo correspondente dentro do apartado “ESA semipresencial”.

Se ten problemas para acceder á aula virtual, escriba un correo electrónico a epapudeourense@gmail.com indicando o seu nome completo e curso. 

Se quere aprender a empregar a aula virtual, pode visualizar os nosos videotitoriais de axuda.

 

Para calquera consulta, non dubiden en poñerse en contacto coa coordinadora. 

Cristina Luaces Ensá - Coordinadora de ESAD

    [subir]

 

3.- Validez académica:

Ao remate destas ensinanzas, expedirase o título de Graduado en Educación Secundaria a todas aquelas persoas que acaden os obxectivos xerais establecidos.

Esta titulación permite seguir a estudar en:

  • Ciclos formativos de grao medio.
  • Bacharelato LOXSE.
  • Acceso á universidade par maiores de 25 anos.
  • Ou acceder ao mundo laboral.

Cando non se rematen os estudos correspondentes á Educación Secundaria Obrigatoria, a dirección do centro emitirá unha acreditación onde consten os niveis e módulos cursados así como a cualificación obtida.

[subir]

4.- Matrícula:

Consulte o apartado Secretaría Matrícula desta páxina para obter información sobre os prazos de matrícula e documento a presentar para matricularse no noso centro.

Con caracter xeral poden matricularse nas ensinanzas de adultos as persoas maiores de 18 anos ou que os cumpran ata o 31 de decembro do ano actual.

  • O alumnado menor de 18 anos que acredite ter cursadas ensinanzas de persoas adultas en anos anteriores.
  • As persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano 2023 con algún dos seguintes requisitos:
    • Con contrato laboral.
    • Ser deportista de alto rendemento.
    • Orde de escolarización de inspección educativa nos seguintes casos:
      • Por enfermidade ou impedimento físico (certificación médica oficial, informe do departamento de orientación do centro de procedencia e informe de inspección educativa)
      • Alumnado que curse simultaneamente ensinanzas profesionais de música ou de danza, de grao medio de artes plásticas e deseño ou un ciclo formativo de grao medio.
      • Cando concorran circunstancias que lle impidan acudir a centros educativos ordinarios e que estean debidamente acreditados (cargas familiares, vítimas de violencia, mulleres embarazadas...) ou que non entiveses escolarizadas no sitema educativo español.

[subir]

5.- Validacións e equivalencias:

  • Pode consultar o cadro de validacións e equivalencias no seguinte documento [Prema aquí]

[subir]

 
Distribuir contido


by Dr. Radut