Skip to Content

Actividades biblioteca

  • BOOKCROSSING: Intercambia libros libremente e participa na iniciativa de bookcrossing da EOI de Vigo. Máis información aquí.
  • CONCURSO "O OLLO DE VIDRO": Crea un vídeo recomendando calquera libro que che gustara e faino en galego. A biblioteca da EOI anímate a participar neste concurso convocado dende o proxecto de canle de youtube recomendocheunlibro. Este proxecto está coorganizado por diversas institucións: Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Vigo co apoio da biblioteca, IES Castelao, Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas e Festival de Curtas de Cans, entre outros. Tamén conta con outras institucións colaboradoras e patrocinadoras. Máis información na web recomendocheunlibro.com.
  • TABOLEIRO DE RECOMENDACIÓNS DE LECTURA: na sala de lectura do primeiro andar da biblioteca podes compartir as túas recomendacións e ver o que andan a recomendar os teus compañeiros.
  • CONCURSO DE MICRORRELATOS: Gústache escribir? Participa neste concurso.


page | by Dr. Radut