Skip to Content

Actividades

A BIBLIOTECA SAE NOS MEDIOS

Lea aquí a seguinte noticia publicada nos medios sobre a actividade "Cita ás cegas na biblioteca".

FESTA DE INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA - NOVA DATA

O tempo dispoñible para que o alumnado recite está completo, polo que non se aceptan novas propostas.  

ENTREVISTA A ISABEL PARREÑO, AUTORA DE "BLU PALINURO"

En 2022, a escritora Isabel Parreño charlou con Pilar Ortega Pereiro e con Laura Rodríguez Tato, membro do equipo da bliblioteca da EOI de Vigo, sobre o seu último libro, "Blu Palinuro", no cal Italia, as viaxes e a literatura son as grandes protagonistas.

Presentamos a entrevista integral xunto cunha breve selección de 15 minutos de duración.

Consulta o blog da Biblioteca da EOI de Vigo.

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS 2022

Lea os textos orixinais e as respectivas traducións dos relatos gañadores do concurso convocado pola Biblioteca da EOI de Vigo:

Relato en alemán, de Jorge Núñez Suárez
Relato en chinés,  de Eva Vázquez Fernández
Relato en francés, de Rafael Fernández Vilas
Relato en galego, de Leticia Tormo Rueda
Relato en inglés, de Nuria García González
Relato en italiano, de Sonia Vilchez Roche
Relato en portugués, de María D. Alonso García

Nesta ocasión, o gañador absoluto foi o relato escrito en galego. Parabéns a tod@s!

COMEZA O SERVIZO DE PRÉSTAMO NAS BIBLIOTECAS

Se queres seguir a conta da biblioteca en Twitter, pulsa aquí.

 

Poesia! Resultado do concurso do día da poesia 2022

Poema máis votado:

Segundo e terceiro máis votados:

Poesía! Vota aos poemas no atrio da escola

No atrio están expostos os poemas presentado ata hoxe, 23 de marzo, e onde se poderán ler durante os próximos días.

Vota ao que consideres mellor, indicando o número do poema.

Para aqueles que non poidan vir ao centro, é posible descargar  aquí os poemas presentados (ata o 23 de marzo).

Actividades biblioteca

  • BOOKCROSSING: Intercambia libros libremente e participa na iniciativa de bookcrossing da EOI de Vigo. Máis información aquí.
  • CONCURSO "O OLLO DE VIDRO": Crea un vídeo recomendando calquera libro que che gustara e faino en galego. A biblioteca da EOI anímate a participar neste concurso convocado dende o proxecto de canle de youtube recomendocheunlibro. Este proxecto está coorganizado por diversas institucións: Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Vigo co apoio da biblioteca, IES Castelao, Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas e Festival de Curtas de Cans, entre outros. Tamén conta con outras institucións colaboradoras e patrocinadoras. Máis información na web recomendocheunlibro.com.
  • TABOLEIRO DE RECOMENDACIÓNS DE LECTURA: na sala de lectura do primeiro andar da biblioteca podes compartir as túas recomendacións e ver o que andan a recomendar os teus compañeiros.
  • CONCURSO DE MICRORRELATOS: Gústache escribir? Participa neste concurso.
Distribuir contido


by Dr. Radut