Skip to Content

Cursos especiais (LAG, CELGA, CALC)

LAG (linguaxe administrativa galega) e CELGA (certificados de lingua galega)

Os cursos de linguaxe administrativa (niveis medio e superior) e os cursos CELGA (preparatorios para examinarse dos certificados de lingua galega) son organizados en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A oferta de cursos varía cada ano. A convocatoria destes cursos publícase anualmente no D.O.G. (Diario Oficial de Galicia).

Para informarse sobre a convocatoria das probas de certificación dos distintos niveis CELGA, prema aquí.

Cursos de CELGA e LAG do curso 2023-2024

CALC e CEFORE

Inscrición nos exames oficiais prazo de matrícula do 8 ao 12 de abril. Toda a información aquí. Ligazón para inscribirse aquí.

Os cursos CALC (actualización lingüística e comunicativa) e os cursos CEFORE (do centro de formación e recursos) están dirixidos ao profesorado. Son organizados en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e o Centro de Formación de Recursos (CFR) de Vigo.

A oferta de cursos varía cada ano.

Pode consultala no plan anual de formación do profesorado publicado polo CAFI.



page | by Dr. Radut