Eventos
Lembrade que non hai clase o 17 de maio.
A homenaxeada deste ano é Luisa Villalta.
Celebramos a terceira proba de aventura e orientación urbana "Un mar de linguas" o vindeiro domingo 19 de maio ás 11h00 coa colaboración co Concello de Vigo. Comezaremos a proba na Praza do Rei, diante do edificio do concello. Anímate a pasar unha mañá divertida con nós!
Para familiarizarte coas características da proba, podes ler o seguinte dossier explicativo, no que atoparás toda a información necesaria.
Para participar, podes crear o teu propio equipo de compañeiros e compañeiras de clase ou tamén podes traer algún amigo ou familiar, o importante é que todos os participantes do equipo debedes cubrir de xeito individual o seguinte formulario, para asegurarvos a praza dado que a actividade está limitada a 150 persoas.
Se non tes equipo propio, non te preocupes! O domingo 19 de maio asignarémoste un antes de que comece a proba.
Os menores de idade que queiran participar na carreira teñen que enviar unha autorización asinada polos seus pais/nais ou titores legais que está incluída no cuestionario de inscrición.
O prazo de inscrición a través da EOI de Vigo é do 29 de abril ata o 6 de maio. Logo desa data en caso de seguir habendo prazas, a inscrición será a través da web do Concello de Vigo e aberta ao público en xeral.
O coro da EOI de Vigo comezou a súa andadura en outubro deste curso académico 2023-2024. Coa directora Pilar Moráguez o Coro Linguas conta con participantes entre o alumnado, profesorado, persoal non docente e comunidade achegada á escola.
No último día de clases antes do comezo dos exames de convocatoria ordinaria, o 24 de maio ás 12h00, ofrecerá un concerto de primavera na EOI de Vigo.
A Fundación INTEGRA Vigo presenta o acto de fin de curso na Aula Magna da EOI de Vigo o venres 7 de xuño pola tarde.
O xoves 13 de xuño ás 20h00 o grupo de teatro do monográfico do departamento de portugués actuará na Aula Magna.
Aberto a todos os públicos.