Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Semana de 13 de Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
13
14
15
Start: 15/05/2024 19:30

O mércores, 15 de maio ás 19h30 o profesor de italiano Stefano María Mantello presentará o seu libro Cinco Contrasentidos con lectura de fragmentos con acompañamento musical a cargo do profesor de italiano Fabio Angelli. (Aula Polivalente). A PRESENTACIÓN SERÁ EN ITALIANO.

 

16
Start: 16/05/2024 19:00

O departamento de portugués convida toda a comunidade estudantil a participar da aula de introduçao ao samba brasileiro nesta próxima quinta.

Professora de dança: Rosalía Rodríguez Barbosa

Start: 16/05/2024 19:30

Dentro das nosas celebracións de Letras Galegas, contamos coa actuación do Coro de Voces Graves de Vigo. O concerto será na Aula Magna a partir dás 19h30 na víspera do Día das Letras Galegas, o xoves 16 de maio de 2024. 

Con invitados:

Beatriz Riobó, soprano

Chuco Estévez, percusión

Coro Linguas da EOI de Vigo

17
all day

Lembrade que non hai clase o 17 de maio.

A homenaxeada deste ano é Luisa Villalta. 

Máis información sobre ela e a súa obra.

18
19
Start: 19/05/2024 11:00

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Celebramos a terceira proba de aventura e orientación urbana "Un mar de linguas" o vindeiro domingo 19 de maio ás 11h00 coa colaboración co Concello de Vigo. Comezaremos a proba na Praza do Rei, diante do edificio do concello. Anímate a pasar unha mañá divertida con nós!

Para familiarizarte coas  características da proba, podes ler o seguinte dossier explicativo, no que atoparás toda a información necesaria.

Para participar, podes crear o teu propio equipo de compañeiros e compañeiras de clase ou tamén podes traer algún amigo ou familiar, o importante é que todos os participantes do equipo debedes cubrir de xeito individual o seguinte formulario, para asegurarvos a praza dado que a actividade está limitada a 150 persoas.

Se non tes equipo propio, non te preocupes! O domingo 19 de maio asignarémoste un antes de que comece a proba.

Os menores de idade que queiran participar na carreira teñen que enviar unha autorización asinada polos seus pais/nais ou titores legais que está incluída no cuestionario de inscrición.

O prazo de inscrición a través da EOI de Vigo é do 29 de abril ata o 6 de maio. Logo desa data en caso de seguir habendo prazas, a inscrición será a través da web do Concello de Vigo e aberta ao público en xeral.

Distribuir contido


by Dr. Radut