Actividades previstas
♦ Actividades específicas de impulso á lectura en galego:
● Durante este curso haberá unha colaboración entre o club de lectura e o equipo de dinamización da lingua galega para realizar unha serie de actividades de impulso á lectura en galego. Haberá un encontro coas escritoras Ledicia Costas e Arantza Portabales. Tanto as actividades, como as súas datas e os encontros coas escritoras están aínda por determinar.
♦ Actividades previstas:
● No segundo cuadrimestre prevese unha colaboración con un dos proxectos etwinning e o EDLG. Tamén haberá unha lectura compartida das novelas “Golpes de Luz” da escritora Ledicia Costas e “A vida secreta de Úrsula Bass”, da escritora Arantza Portabales. Estas lecturas realizaranse na biblioteca da escola. Nas vacacións de entroido haberá unha viaxe con destino aínda por determinar, suxeito ao orzamento facilitado pola axencia deviaxes, e un roteiro literario a mediados de xuño para percorrer os lugares descritos na novela de Arantza Portabales.
♦ Lecturas:
“Golpes de luz” da escritora Ledicia Costas; “Las chicas de campo” da escritora irlandesa Edna O´Brien; “La muerte de una sirena” dos escritores daneses A. J. Kasinski e Thomas Rydahl e “A vida secreta de Úrsula Bass” da escritora Arantza Portabales.
RESUMO DE ROTEIROS
ROTEIRO LITERARIO DO LIBRO "O SOUTO DOS CATRO VENTOS" DA ESCRITORA MARÍA ORUÑA. XUÑO
ENTREVISTA Á ESCRITORA MARÍA ORUÑA
PERCORRIDO LITERARIO CON BIEITO IGLESIAS (autor de Miss Ourense) - decembro 2019
ROTEIRO LITERARIO POR BERLÍN - MAIO 2019
| Viaxe cultural |
ROTEIRO LITERARIO POR ESTOCOLMO. 13-18 feb 2015
|Viaxe cultural | Millenium tour |
| Libro: Merlín e Familia de A. Cunqueiro | Fotos de Mondoñedo, Rinlo e Praia das Catedrais |
REUNIÓN CLUB DE LECTURA CO ESCRITOR WILLIAN BOYD
|Roteiro literario en Londres e Oxford en marzo 2014 |
ROTEIRO LITERARIO CURSO 2013-2013
| Fotos na Costa da Morte |
FOTOS MERENDA DO CLUB DE LECTURA. Maio 2013
| Na beira do Miño: O Muiño da Veiga |
ROTERIO LITERARIO..Xuño 2011
| Novela: "Ollos de Auga" de Domingo Villar
O día 27 de marzo (luns) ás 18:00 horas terá lugar o encontro coa escritora Arantza Portabales no salón de actos da escola. A autora visitará a EOI de Ourense para falar da súa obra "A vida secreta de Ursula Bas". Ver cartel.
Visita á Cidade dos Muchachos