PROXECTO CLUB DE LECTURA CURSO 23/24

 ♦ Coordinadora:  Alba Ramos

 Lecturas:

- Azucre, de Bibiana Candia

- Izan o da saca, de Xabier Quiroga

- As alumnas, de Paula Carballeira

- Sostiene Pereira, de Antonio Tabucchi

- Adiós, Señor Chips, de James Hilton

 

 Actividades previstas:

No segundo cuadrimestre prevese unha lectura compartida da novela As alumnas, de Paula Carballeira. Esta lectura realizarase na biblioteca da escola. Ao longo do curso organizaranse dous roteiros literarios, a fin de visitar os lugares descritos nas novelas Azucre, de Bibiana Candia, e Izan o da saca, de Xabier Quiroga. A primeira levaríanos a Viana do Bolo e a segunda á Ribeira Sacra. En maio, coincidindo coa data de celebración das Letras Galegas, haberá unha viaxe con destino a Lisboa, para percorrer as rúas das que fala Antonio Tabucchi na súa obra Sostiene Pereira. Esta viaxe está suxeita ao orzamento facilitado pola axencia de viaxes. Finalmente, tamén se propoñerá a visualización de dúas películas; unha baseada na novela Adiós, señor Chips; e unha adaptación de Sostiene Pereira.

 

LER PROXECTO COMPLETO COA TEMPORALIZACIÓN