A gañadora do concurso literario "Galicia Infinda", convocado polo EDLG en homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, é Yolanda Rodríguez Gómez, alumna de galego. Podes ler o seu texto, A miña boneca negra, e ver a fotografía que o acompaña neste enlace ao blog do EDLG.
A gañadora do concurso para deseñar o logo do EDLG é Noelia González Pérez, alumna de inglés. Podes ver o deseño gañador neste enlace ao blog do EDLG.
Moitas grazas ás persoas que participaron nestes dous concursos e a todas as que se sumaron ás actividades organizadas polo EDLG neste curso. Contamos con vós para seguir dinamizando a lingua!
Con relación ao concurso do Día do Libro ao que estaban convidados a participar todo o profesorado e alumnado da EOI anunciamos que, tras o sorteo realizado o día 11 de Maio coas profesoras Sandra San Miguel Sousa (Dep. inglés) e Cristina Taboada (Dep. galego) e o noso conserxe Manuel, resultaron gañadoras:
María Isabel Salanova (Galego)
Carlota Santa (Inglés)
Moitas grazas por participar e a seguir disfrutando da lectura no idioma que máis vos guste!
O Xurado encargado de valorar as propostas para o deseño do logo de Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas de Ourense decidiu declarar o premio deserto e establecer unha ampliación do prazo para presentar propostas ata o día 20 de maio.
O Xurado agradece profundamente o traballo de todas as persoas participantes e convídaas a volver presentar as súas propostas. Faise fincapé na importancia de respectar o primeiro punto das bases do concurso:
1. Obxecto do concurso
Deseñar un logotipo destinado a ser a imaxe institucional do Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola OficiaI de Idiomas de Ourense, en toda a difusión de información sobre o mesmo a través da páxina web e doutros documentos.
Non se trata de deseñar o logo da Escola nin o logo do conxunto dos Equipos de Dinamización, senón de crear un logo propio que represente especificamente ao EDLG da nosa Escola. LER TODA A INFORMACIÓN.
O EDLG, o Club de Lectura e Departamentos convídante a participar no Día do Libro na EOI. É ben doado:
1. Escolle unha obra literaria que queiras recomendar, en calquera lingua da EOI. Pode ser prosa, poesía, teatro... O que ti queiras!
2. Entra nesta páxina da aplicación flipgrid: https://flipgrid.com/7325529b
Se che pide un contrasinal, é este: EDLGEOIOurense.
3. Preme no botón azul ("Add response") para gravar a túa recomendación. Non esquezas o teu nome, a lingua que estudas e o curso. Indica tamén o título da obra, o autor e por qué che gusta. A continuación, le un fragmento da obra. Xa está!
Prazo ata o 7 de maio. Haberá sorteos de vales e agasallos. Infórmate na clase. VER POSTER
Mércores 16 ás 19 horas no Salón de Actos: espectáculo de cabaré coa actriz Iria Azevedo. Este é un espectáculo musical titulado Máncasme Man. O home que mancaba as mulleres. Iria Azevedo é unha actriz de teatro que agora mesmo está a ensaiar a vindeira produción do Centro Dramático Galego. É coñecida tamén pola súa participación en series da TVG como Serramoura.
![]() |
As Pitas das Eiroás viñeron recoller as olas que pintamos para o Domingo Oleiro e a EOI recibiu o diploma de Escola Amiga da Pita. Moitas grazas as todas as persoas que participaron nas actividades!
|
![]() |
Moitos parbéns a Yolanda Rodríguez López, gañadora do II Premio Castaña de Ouro pola súa participación no Concurso de fraseoloxía e imaxe de outono. Moitas grazas tamén a todas as demais persoas que participaron nesta edición. Podedes ver a fotografía e ler o texto de Yolanda NESTA PRESENTACIÓN ou no blog do EDLG, Lingoreteira
|
As camisetas solidarias do EDLG xa están esgotadas! Recadáronse 493,80 euros para o Banco de Alimentos. Moitas grazas pola vosa xenerosidade! |
O EDLG convoca o concurso de fraseoloxía e imaxe de outono "Castañas de ouro," aberto a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente.
Escolle un refrán ou un dito en galego relacionado coas castañas, o magosto, o mes de santos ou o outono en xeral. Continúa lendo as bases do concurso AQUÍ. Envía o traballo antes do 30 novembro a edlg.eoiou@gmail.com.
Podes gañar un vale de 30€ para unha libraría da cidade. Participa!
Información dispoñible tamén no blog do EDLG Lingoreteira