Actividades

EDLG e Club de Lectura: Actividade.

ENCONTRO LITERARIO

O Club de Lectura e o EDLG organizan un encontro con Paula Carballeira, escritora, narradora oral e actriz, o vindeiro xoves, 22 de febreiro, ás 12.30 horas na biblioteca. Falaremos da obra As Alumnas, pola que recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, e da súa ampla traxectoria no mundo da cultura galega. Non perdas esta oportunidade! E se queres ler As Alumnas, aínda quedan exemplares dispoñibles na biblioteca da EOI.

EDLG: Actividade Entroido

 Convidámosvos a participar no "photocall" de Entroido situado no primeiro andar. 

Podedes facer fotos individuais ou en grupo. Alí hai complementos pero podedes  traer os vosos disfraces. VER cartel.
Escaneade o QR e subide a foto ao padlet. Hai que engadir unha frase sinxeliña, en galego, sobre o Entroido, como "A mellor festa do mundo!" (ou algo así).  Non esquezades nome, grupo e lingua, para podervos identificar. Sortearemos un agasallo!
As fotos se van publicar na web da EOI, así que se alguén non quere saír, que se disfrace moi ben ou que non se poña para a foto! Bo Entroido!

Gañadora dos concursos EDLG

Moitos parabéns para Amalia Moreiras Plaza, alumna de francés e galego, quevén de gañar do concurso de fraseoloxía e imaxe Castaña de Ouro, por votación alumnado do Departamento de Galego. Podedes ver o seu traballo e os de todas as persoas que participaron AQUÍ. Moitas grazas a todas por participar !!!

EDLG: Concurso Fraseoloxía.

 IV Concurso de Fraseoloxía e Imaxe "Castaña de Ouro"

Para concursar é preciso escoller un refrán en galego sobre o outono e ilustralo cunha fotografía orixinal. Tamén hai que explicar brevemente o significado do refrán (en galego) e incluir un refrán equivalente (ou unha tradución literal) nalgunha das linguas que se estudan na EOI. Ver cartel
Os refráns e as fotografías enviaranse ao correo do EDLG  edlg.eoiou@gmail.com . Prazo: ata 1 decembro. A persoa gañadora recibirá un vale de 30€ para unha libraría local. Aberto a toda a comunidade educativa. Ver Bases do Concurso.

EDLG: Gañador do sorteo.

O gañador do sorteo por participar na enquisa para escoller o horario e o nome do Club de conversa en galego foi o alumno de portugués Carlos Quintela Domínguez. O seu profesor entrgaralle o agasallo. Parabéns e grazas por participar!
Por suposto, moitas grazas tamén a todas as persoas que participaron na enquisa e na primeira reunión do club.  Horario: martes de 19.00 a 20.00 horas na biblioteca da EOI . Agardámosvos !!!!!

EDLG: Club de Conversa: DALLE A LINGUA.

Retomamos O Club de conversa en galego. Horario: martes de 19.00 a 20.00  na biblioteca. Ademais, tamén estreamos nome: Dálle á lingua. Comezo: 24 de outubro, e ese mesmo día sortearemos un agasallo entre todas as persoas que participaron na enquisa do horario. Moitas grazas!
Actividade aberta a toda a comunidade educativa. Só se precisan ganas de falar galego. Agardamos vervos na biblioteca para darlle á lingua!

EDLG: Actividade.

 EDLG convoca o III Concurso de Microrrelatos Espantosos   VER CARTEL
O concurso está aberto a toda a comunidade educativa. Para participar, só hai que enviar un relato inédito, en galego, de non máis de 150 palabras ao correo: edlg.eoiou@gmail.com. Como novidade, este curso os relatos poderán ser en formato escrito ou oral, así que podedes enviar gravacións incluindo nome, lingua e curso. Data límite 3 de novembro.
Ademais, colaboraremos co alumnado do CIFP A Farixa. Nós enviarémoslles os nosos relatos e eles mandarán os seus para que escollamos os relatos gañadores, que recibirán un vale de 30 €. Podedes consultar os detalles AQUÍ e no blog do EDLG. Animádevos a participar. Vai ser terrorífico!

EDLG: Actividade

 

O curso pasado, naceu o Club de conversa en galego da EOI. O Club reuníase unha vez á semana cun obxectivo sinxelo: falar galego!
 Está aberto a toda a comunidade educativa. Se queres participar, responde a  enquisa e dinos que horario che gustaría. Ademais, queremos poñerlle un nome ben chulo ao Club: O Faladoiro, Falar por falar, Dálle á lingua, Tíralle da lingua... Que nome se che ocorre a ti? Dínolo na enquisa (ata 18 outubro) e participarás no sorteo dun agasallo.  LIGAZÓN Á ENQUISA

Distribuir contido