Horarios

HORARIO DO CENTRO EN PERÍODO LECTIVO (DE OUTUBRO A MAIO)

A escola oficial de idiomas de Ferrol abre as súas portas ao público de 08:30 a 22:00.

O horario lectivo abarca dende as 08:30 ata as 22:00. Os horarios de clase son, en xeral, de tres días á semana. Os períodos lectivos constan de 1 hora e 30 minutos ou ben dúas horas diarias de luns a xoves e venres 1 hora para os cursos intensivos cuadrimestrais.

O horario de oficina (atención ao público) é de 9.00 a 14.00 de luns a venres e de 16.00 a 18.00 os xoves pola tarde. Dende o mes de xuño a setembro a oficina non estará aberta o xoves pola tarde.

Distribuir contido