Información administrativa

SECCIÓN CEDEIRA - TRÁMITES HABITUAIS

Aquí atopará información e diversas instancias sobre os trámites máis comúns que o alumnado adoita facer ante a EOI, excepto no que se refire estrictamente á matrícula. 

  • Descarga de impresos dos trámites máis habituais:

 Traslado de expediente 

Renuncia voluntaria á matrícula 

 Solicitude de adaptación de exames para persoas con discapacidade  (alumnado libre)

 Solicitude de adaptación de exames para persoas con discapacidade  (alumnado oficial)

 Instancia xeral

  • Máis información sobre os diferentes trámites:

 

  1. TRASLADO DE EXPEDIENTE: Se estivo matrículado noutra EOI e desexa continuar os seus estudos na EOI de Ferrol-Sección Cedeira, rogámoslle que presente a instancia de solitude de traslado de expediente na secretaría do IES Punta Candieira (Cedeira).  
  2. RENUNCIA VOLUNTARIA A MATRÍCULA: De acordo co estipulado na Orde de avaliación do 08/09/2008 (DOG do 26/09), o alumnado poderá solicitar ao centro a renuncia de matrícula ata o 30 de abril. Esta renuncia constará no expediente académico e nas actas de avaliación do alumnado mediante a oportuna dilixencia. A renuncia non computará para efectos de permanencia no curso e nivel correspondente (non corre convocatoria). O alumnado que renuncie á matrícula e desexe, con posterioridade, continuar os seus estudos nas escolas oficiais de idiomas, deberá someterse de novo ao proceso de admisión. A renuncia non dá dereito á devolución das taxas e é efectiva desde o momento en que se tramita a solicitude, anulando o dereito a asistir a clase e a presentarse aos exames.  Para solicitar a renuncia á matrícula deberá cubrir este impreso e presentalo na secretaría do centro (antes do 30 de abril).
  3. SOLICITUDE DE ADAPTACIÓN A EXAMES PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE: O alumnado que precise que lle sexan adaptadas as probas deberá, no momento da matrícula, presentar na secretaría do centro unha solicitude de adaptación das probas e acompañala da documentación acreditativa da súa discapacidade; a EOI porá o caso en coñecemento dos equipos de orientación específicos para valorar as adaptacións que sexan oportunas. Esta solicitude de adaptación será o anexo VI, no caso do alumnado oficial, e o anexo IX, no caso do alumnado libre.
  4. INSTANCIA XERAL: Aquí pode atopar un modelo de instancia xeral para presentar ante a dirección da EOI de Ferrol.

Distribuir contido

Distribuir contido