Matrícula

MATRÍCULA CURSO 2024 - 2025 EOI Sección As Pontes

 

ALUMNADO MATRICULADO NO CURSO 2023-2024

Alumnado oficial apto na convocatoria ordinaria   LINK MATRÍCULA 

Do 18 ao 28 de xuño ás 23.59h

Alumnado oficial apto/ non apto/non presentado na convocatoria extraordinaria LINK MATRÍCULA  Do 28 de xuño ao 5 de xullo, ás 23.59h

NOVIDADE: CURSOS de CONVERSA - Niveis (A2-B1-B2-C1)

Matrícula de cursos de conversa:

LINK MATRÍCULA CURSOS CONVERSA - As Pontes

Do 9 ao 19 de xullo

Matrícula en liña cursos anuais 

A matrícula faise de xeito telemático e non hai que entregar nada na administración do centro.

Hai que subir toda a documentación por medio da aplicación CentrosNET. Sigue os pasos indicados nestas Instrucións para a matrícula online.

 

AVISO: Ten en conta que a matrícula NON será efectiva ata que o persoal de administración comprobe a documentación e valide a instancia. 

Se ves "Resgardo de reserva de matrícula para o curso escolar 2024-2025" no título e "Resgardo provisional" nas "Observacións" abaixo , a matrícula aínda non está formalizada.

ALUMNADO NON MATRICULADO NO CURSO 2023-2024

Facer a preinscrición nesta ligazón

LIGAZÓN PREINSCRICIÓN EN LIÑA

Do 24 de xuño  ao 5 de xullo ás 23:59h
Matrícula dende a páxina donde fixo a preinscrición ligazón Do 9 ao 19 de xullo ata as 23:59h

Proba de clasificación

(Para alumnado con coñecementos dun idioma

que non teña titulación que os acredite e queira

acceder a un curso superior ao inicial)

 Matrícula: 

 

Do 22 ao 29 de xullo 

Do  26 de agosto ao 2 de setembro ás 12h

 Probas: 4 de setembro

A matrícula so estará finalizada cando a administración do centro teña toda a documentación correcta.

ATENCIÓN:

- Se fai un pago telemático adxunte o modelo 730 como xustificante de pago. Non é válido o xustifcante de pago con tarxeta

- O alumnado extranxeiro debe adxuntar NIE con data de vixencia e copia do pasaporte. No caso de non ter NIE debe acudir presencialmente á oficina co pasaporte para os trámites administrativos

- O profesorado que solicite exención de taxas debe presentar certificado de servizos indo á web da Consellería - Datos persoais Expediente electrónico - Servizos. Recibirán unha notificación no correo da Xunta cando o teñan dispoñible

                                                               * Protocolo para menores de idade

  * Anexo IV (1ª lingua cursada na ESO)

*Anexo V (adaptacións)

Taxas procedemento de pago

* Oferta educativa (OFERTA EDUCATIVA 2024-2025)

                     OFERTA EDUCATIVA SECCIÓN AS PONTES

                        CURSOS DE CONVERSA (TODOS OS NIVEIS) e CURSOS ORDINARIOS     

                                              

* Para máis información relacionada coa matrícula deste curso, consulte a información das Instrucións de matrícula publicadas pola Consellería o día 30 de maio de 2024.

 

PROBA DE CLASIFICACIÓN -MATRICULA- Sección As Pontes

Podes facer a proba de clasificación se:

* Tes coñecementos previos dun idioma e non podes acreditalos.

* Non estiveches matriculado en ningunha EOI no réxime oficial durante os últimos dous cursos académicos.

Matrícula: Dende o día 22 ao 28 de xullo e do 26 de agosto ao 2 de setembro enviando o impreso de inscrición + Documentación a administracion@eoiferrol.org co asunto: "CLASIFICACIÓN SECCIÓN AS PONTES".

Impreso inscrición

Documentación  requerida (Anexo IV, só menores de 16 anos)

Procedemento de pago: ONLINE  ou presencial na entidade bancaria. Neste último caso pasen por secretaría do IES Castro da Uz para recoller o impreso de taxas.

Taxa: 17 €

Publicación das notas: comunicarase o día do exame.

Probas escritas e orais: Consulta a táboa abaixo:

 

IDIOMA

PROBA ESCRITA

PROBA ORAL

Inglés

                          4 de setembro ás 16.00 no IES Castro da Uz 

a continuación

 

Distribuir contido