Información administrativa

RECOLLIDA DE TÍTULOS E CERTIFICADOS

 Títulos da EOI (Avanzado-B2, Ciclo Superior)

 Certificados da EOI (Básico-A2, Intermedio-B1, C1, Ciclo Elemental)

Horario apertura secretaría EOI Ferrol sede central: De luns a venres de 9.00 a 14.00 e os xoves a partir de outubro de 16.00 a 18.00.

 

IMPORTANTE: CAMBIO ACCESO A CENTROS NET

Para garantir a protección de datos do alumnado, a partir do 20 de marzo de 2014 activarase o sistema seguro de acceso á aplicación CENTROSNET.

O procedemento a seguir será o seguinte:

- Acceder á aplicación co contrasinal actual.

- Introducir o novo contrasinal elixido no momento que sexa solicitado. Repetir o novo contrasinal.

- Introducir un enderezo electrónico.

TRÁMITES ADMINISTRATIVOS HABITUAIS - SECCIÓN AS PONTES-

 

Aquí atopará información e diversas instancias sobre os trámites máis comúns que o alumnado adoita facer ante a EOI, excepto no que se refire estrictamente á matrícula. 

 

  • Descarga de impresos dos trámites máis habituais:

 

 Traslado de expediente 

 Renuncia voluntaria á matrícula 

 Solicitude de adaptación de exames para persoas con discapacidade 

 Instancia xeral

 

  • Máis información sobre os diferentes trámites:

 

  1. TRASLADO DE EXPEDIENTE: Se estivo matrículado noutra EOI e desexa continuar os seus estudos na EOI de Ferrol-Sección As Pontes, rogámoslle presente a instancia de solitude de traslado de expediente na secretaría do IES Castro da Uz.  
  2. RENUNCIA VOLUNTARIA A MATRÍCULA: De acordo co estipulado na Orde de avaliación do 08/09/2008 (DOG do 26/09), o alumnado poderá solicitar ao centro a renuncia de matrícula ata o 30 de abril. Esta renuncia constará no expediente académico e nas actas de avaliación do alumnado mediante a oportuna dilixencia. A renuncia non computará para efectos de permanencia no curso e nivel correspondente (non corre convocatoria). O alumnado que renuncie á matrícula e desexe, con posterioridade, continuar os seus estudos nas escolas oficiais de idiomas, deberá someterse de novo ao proceso de admisión. A renuncia non dá dereito á devolución das taxas e é efectiva desde o momento en que se tramita a solicitude, anulando o dereito a asistir a clase e a presentarse aos exames.  Para solicitar a renuncia á matrícula deberá cubrir este impreso e presentalo na secretaría do centro (antes do 30 de abril).
  3. SOLICITUDE DE ADAPTACIÓN A EXAMES PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE: O alumnado que precise que as probas lle sexan adaptadas deberá, no momento da matrícula, presentar na secretaría do centro este formulario de solicitude e acompañalo de documentación acreditativa da súa discapacidade; a EOI porá o caso en coñecemento dos equipos de orientación específicos para valorar as adaptacións que sexan oportunas.
  4. INSTANCIA XERAL: Aquí pode atopar un modelo de instancia xeral para presentar ante a dirección da EOI de Ferrol.
Distribuir contido