Inicio
AUSENCIA DE PROFESORADO - Sección As Pontes-
Profesor/a | Idioma | Grupo/s | Observación |
|
Nota importante: Visitade a plataforma www.edmodo.com para acceder ás clases virtuais.
DATAS DOS EXAMES OFICIAIS DE CERTIFICACIÓN
CALENDARIO DAS PROBAS (Partes escritas):
CONVOCATORIA DE XUÑO (Alumnado oficial e libre) |
CONVOCATORIA DE SETEMBRO (Só alumnado oficial) |
BÁSICO 2: 19 xuño, ás 16.00 h. | BÁSICO 2:6 setembro, ás 16.00 h. |
INTERMEDIO 2:11 xuño, ás 16.00 h. | INTERMEDIO 2: 5 setembro, ás 16.00 h. |
AVANZADO 2: 6 xuño, ás 16.00 h. | AVANZADO 2: 4 setembro, ás 16.00 h. |
PROBAS ORAIS: As quendas para as probas orais publicaranse no mes de maio e poderán ter lugar antes dos exames escritos.
GUÍAS DAS PROBAS: Nivel BÁSICO, Nivel INTERMEDIO, Nivel AVANZADO.
MATRÍCULA DAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN POR LIBRE
PROBAS LIBRES 2018 (Circular 1/2018)
→PRAZO DE MATRÍCULA: do 3 ao 20 de abril de 2018, ambos incluídos, a través da aplicación web https://www.informaticacentros.com/xunta/ que permanecerá aberta ata o 20 de abril ata as 12.00 do mediodía.
→FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: A matrícula feita en liña non terá validez ata que o alumnado a formalice na secretaría do IES Castro da Uz en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 e os luns de 16.30 a 18.00.
→DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
- O impreso de matrícula xerado pola aplicación web de matrícula, onde se indique o idioma e o nivel ou niveis no(s) que se matricula.
- O resgardo do aboamento dos prezos públicos: consultar AQUÍ as taxas de matrícula libre.
- Unha fotocopia do DNI ou, no caso de persoas estranxeiras, NIE ou pasaporte.
- Para o alumnado que sexa menor de 16 anos a 31 de decembro de 2017, un certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria no presente curso escolar, expedido polo centro onde estea matriculado consonte o modelo do anexo V.
- Para o alumnado que se matricule na proba de certificación do nivel C1 de inglés, unha fotocopia cotexada do certificado do nivel inferior das ensinanzas de idiomas de réxime especial ou do certificado acreditativo da validación do Certificate of Proficiency emitido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
- De ter superado os estudos e non dispor aínda do certificado, deberá presentar unha certificación académica expedida pola EOI correspondente, acompañada do xustificante de ter aboados os prezos públicos para a súa expedición.
- No caso de discapacidade deberase achegar a documentación acreditativa e, se solicita adaptacións, cubrir o formulario facilitado pola EOI (anexo IX).
NOTA: O pagamento da matrícula para as probas de certificación do alumnado libre non poderá ser fraccionado.
NIVEL BÁSICO | NIVEL INTERMEDIO | NIVEL AVANZADO | NIVEL C1 |
INGLÉS | INGLÉS | INGLÉS | - |
IRISH CEILIDH - LAST CHANCE TO GET YOUR TICKETS!!!
LAST CHANCE TO GET YOUR PATCOIN!!!
MONDAY 12th MARCH, FROM 4 TO 6 pm AT THE OFFICE.
*CEILIDH: A social event with Irish folk music, singing, traditional dancing and storytelling.
MATRÍCULA CURSOS CUADRIMESTRAIS
DATAS DE MATRÍCULA CURSO CUADRIMESTRAL (INTERMEDIO 2) SECCIÓN AS PONTES:
- Dende o 2 febreiro ás 10.00 ata o 5 de febreiro ás 14.00: realización da matrícula en liña para alumnado xa matriculado no 1º cuadrimestre do intensivo. O novo alumnado que se incorpore ao segundo cuadrimestre realizará a matrícula manual.
- 2 de febreiro de 09.00-14.00 e 5 de febreiro de 9.00-14.00 e de 16.30 a 19.00: entrega de documentación na secretaría do IES Castro da Uz
- Inicio de clases: 5 de febreiro
- Alumnado oficial curso 2017-18 apto na convocatoria de xaneiro. 1-MATRÍCULA EN LIÑA + 2-PAGO DE TAXAS + 3-ENTREGA DESTA DOCUMENTACIÓN na secretaría do IES Castro da Uz.
- Alumnado novo. 1-RECOLLER MATRÍCULA MANUAL E IMPRESO DE TAXAS na secretaría do IES Castro da Uz + 2-REALIZAR O PAGAMENTO DAS TAXAS + 3-ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN na secretaría do IES Castro da Uz.
INFORMACIÓN XERAL:
- Taxas e procedemento para aboar as taxas
- Documentación requerida para formalizar a matrícula.
OFERTA DE GRUPOS CUADRIMESTRAIS SECCIÓN AS PONTES:
NOTA ALUMNADO NOVO ACCESO: Teña en conta que este curso intensivo equivalente a un Intermedio 2 (Nivel B1 do MCERL) consta de 9 horas semanais e que para formalizar matrícula deberá acreditar acceso a este curso. Atope os accesos directos por titulación premendo nesta ligazón - ANEXO II -
