A biblioteca está situada no 1º andar da EOI Ferrol. Ofrece un amplo espazo agradable para o estudo, así tamén para a consulta ou o empréstito de material e para a realización de actividades culturais.
CONSULTA E EMPRÉSTITO
A biblioteca pódea usar todo o alumnado, os membros das Asociacións da EOI Ferrol e o persoal do centro para a consulta e/ou o empréstito de libros, revistas, CDs e DVDs.
Como acceder ao servizo de empréstito?
É necesario ter o carné da Escola (un xustificante de matrícula) ou dunha Asociación do curso vixente para a obtención do carné de biblioteca que logo será preciso presentar no momento da realización do empréstito.
Empréstito :
Pódense levar ata tres exemplares durante 15 días, agás os libros de texto en curso, que só se poden levar 3 días.
Devolucións :
O material pode depositarse na caixa habilitada na biblioteca ou no buzón do corredor cando está pechada.
MATERIAL DISPOÑIBLE
O alumnado ten á súa disposición material en soportes moi variados e adaptado aos diferentes niveis dos diferentes idiomas que se estudan na EOI Ferrol (alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués): DVDs didácticos, CD-ROMs, libros de lectura adaptados e non adaptados, audiolibros, música, películas en versión orixinal con e sen subtítulos, xornais e revistas actuais na lingua obxecto de estudo (os números máis recentes estarán na cafetería) e revistas didácticas adaptadas, libros de texto, gramáticas, libros de preparación das diferentes destrezas para os exames, dicionarios xerais, temáticos e ilustrados...
Tamén será posible o empréstito de 4 lectores electrónicos que conteñen libros dixitais dos clubs de lectura e outros títulos escollidos. Seranlle solicitados ao bibliotecario e deberase asinar un formulario de empréstito.
Hai unha sección en castelán, aínda que a EOI non imparta oficialmente español para estranxeiros, pensada para os auxiliares de conversa e o alumnado inmigrante que participaba nas clases de español para a integración da Asociación Cultural Goethe.
USO DOS ORDENADORES, SERVIZO WEB, DE AUDIO E VÍDEO
Hai tres computadoras sinalizadas á disposición do alumnado. Están destinadas para uso de CDs, DVDs, consultas do correo electrónico e de páxinas de Internet para a aprendizaxe de idiomas. Pódenselle pedir auriculares ao persoal de garda co fin de non molestar aos demais usuarios da sala. Tamén dispoñemos de rede Wifi.
A nova sala de lectura está no segundo andar. Nela poden ler ou estudar un máximo de 4 persoas simultáneamente. Habilitouse un andel de auto-empréstito con lecturas nos diferentes idiomas da escola. A devolución deses libros farase na caixa da biblioteca.
ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA
Pódese consultar a información actualizada sobre as actividades no taboleiro que está diante da biblioteca, na páxina web da EOI Ferrol e nas reddees sociais Facebook e Instangram.
PROTOCOLO SANITARIO
- Aforo máx. 20 persoas.
- Levar sempre a máscara.
- Hixienizar as mans ao entrar e ao saír.
- Utilizar os postos sinalizados coa etiqueta "Podes sentar aquí".
- Limpar o posto cun pano e desinfectante antes e despois do seu uso.
- Non compartir material.
- Evitar tocar superficies que non se usen (libros, andeis, mesas...)