MATRÍCULA DAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN POR LIBRE
PROBAS LIBRES 2018
O prazo de matrícula nas probas de certificación para o alumnado libre, incluído o profesorado que asiste aos cursos CALC e alumnado de CUALE, será do 03 ao 20 de abril de 2018, ambos incluídos. A aplicación web de matrícula permanecerá aberta ata as 12:00 do mediodía do 20 de abril. (Circular 1/2018)
Idiomas e niveis que se ofrecen na modalidade libre na EOI de Ferrol
No curso 2017-2018, o alumnado libre poderase matricular das seguintes probas de certificación:
NIVEL BÁSICO | NIVEL INTERMEDIO | NIVEL AVANZADO | NIVEL C1 |
ALEMÁN | ALEMÁN | ALEMÁN | - |
FRANCÉS | FRANCÉS | FRANCÉS | FRANCÉS |
GALEGO | GALEGO | GALEGO | GALEGO |
INGLÉS | INGLÉS | INGLÉS | INGLÉS |
ITALIANO | ITALIANO | ITALIANO | - |
PORTUGUÉS | PORTUGUÉS | PORTUGUÉS | PORTUGUÉS |
TRÁMITES DE INSCRICIÓN E ABOAMENTO DOS PREZOS PÚBLICOS CORRESPONDENTES:
A matrícula realizarase en liña, dende o enderezo seguinte: https://www.informaticacentros.com/xunta/
A matrícula feita en liña non terá validez ata que o alumnado a formalice, no horario de 9.00 - 14.00 de luns a venres e xoves tamén de 16.00-18.00, na secretaría da escola.
- DOCUMENTACIÓN requerida para formlizar a matrícula libre
- TRÁMITES de matrícula na modalidade libre
- Calendario de probas: alumnado libre (convocatoria única en xuño), CUALE, CALC e aumnado oficial (xuño e setembro)
- GUíAS das probas: Nivel BÁSICO, Nivel INTERMEDIO, Nivel AVANZADO, Nivel C1