DOCUMENTACIÓN requerida para formalizar a matrícula libre

  1. Impreso de matrícula xerado pola aplicación web de matrícula, onde se indique(n) o(s) idioma(s) e o nivel ou niveis no(s) que se matricula.
  2. Resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17 de xuño de 2013)
  3. Fotocopia do DNI ou, no caso de persoas estranxeiras, NIE ou pasaporte. Requisito imprescindible para entregar a matrícula.
  4. Para o alumnado que sexa menor de 16 anos a 31 de decembro de 2019, certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria no presente curso escolar, expedido polo centro onde estea matriculado consonte o modelo do Anexo VII.
  5. Para o alumnado dos cursos CALC, o documento da realización do curso, emitido polo CFR, onde conste que cumpre o requisito de asistencia.
  6. No caso de discapacidade deberase achegar documentación acreditativa e, se solicita adaptacións,  o Anexo VIII.
  7. Os ANTIGOS ALUMNOS deberán presentar carné da EOI ( no caso de non telo, pedir un en conserxería e adxuntar unha foto)
  8. Cando proceda, certificado de matrícula gratuíta, orixinal e copia do Libro de Familia Numerosa, acreditación de discapacidade, violencia de xénero ou vítima do terrorismo.
  9. O alumnado trasladado doutra escola deberá adxuntar a certificación académica de escola de orixe xunto con unha fotografías e fotocopia do DNI)
  10. Os NOVOS ALUMNOS entregarán ademáis da documentación xeral anterior correspondente carné de EOI debidamente cumplimentado e coa fotografía pegada.
  11. Para o alumnado de CUALE, certificado expedido polo centro onde o cursa.

ATENCIÓN: O pagamento da matrícula para as probas de certificación do alumnado libre non poderá ser fraccionado.