Skip to Content

Normalización e dinamización Lingüística

Día da arte galega na escola

En colaboración co equipo da biblioteca, creación artística en base á escultura e a pintura de autores galegos(Maruja Mallo, Laxeiro, Regal...). En cada grupo-clase se traballou unha o varias obras e logo se fixo unha exposición das mesmas.

Coplas para o Maio

Inventamos por niveis unha copla para recitarlle ó Maio.

COPLAS PARA O MAIO

 

3 anos: O mellor do noso Maio

son tódalas súas flores

que visten o noso patio

Disfrazámonos

En colaboración co equipo de actividades complementarias e extraescolares e coa ANPA, festexamos o Entroido disfrazados de medusas; disfrutando coa representación de monicreques, Martín, Martín, espectáculo ofertado pola ANPA e merendando os postres típicos destas datas que aportaron as familias(filloas, rosquillas, orellas...).

Cantamos polo Entroido

Preparamos unha canción para o Entroido coa temática escollida para disfrazarnos, as medusas. Escribimos a canción a ritmo de rap e a titulamos O rap das medusas. Ademáis, recompilamos unha canción tradicional da nosa localidade que se canta no Enterro da sardiña.

Paz 2014

En colaboración co equipo de actividades complementarias e extraescolares, celebramos este día levando na cabeza as coroas co símbolo da Paz, soltando as pombas ecantando a canción Quen puidera nomorala todos xuntos.

Mensaxes de Paz

Escribimos mensaxes da Paz nas coroas que confeccionamos para levar o Día da Paz , ou nos carteis e murais que se elaboraron en cada grupo-aula.

 

Paz simétrica

Elaboramos un mural en base a unha das obras do artista gráfico Escher para o Día da Paz. Os nenos/as de cada aula recortaron ou picararon unha pomba para completar o mesmo.

Unha pomba dourada

Aprendemos a canción  Quen puidera namorala con música de Luis Emilio Batallán e letra de Álvaro Cunqueiro

Nadal 2013

En colaboración co equipo de actividades complementarias e extraescolares e coa ANPA, festexamos estas datas cantando as panxoliñas ensaiadas nun pequeno concerto de Nadal; disfrutando coa visita do Apalpador e entregando as cartas; intercambiando as  postais e asistindo ó recital de música instrumental ofrecido polo Conxunto de vento-metal do CMÚS de Viveiro.

Postais amigas

Intercambio de postais entre tódolos nenos/as do cole. Cada neno/a elborarou a súa postal cunha mensaxe de Nadal, logo se meteron todas nun saco e cada neno/a sacou unha ó chou para levala á súa casa.

Distribuir contido


by Dr. Radut