Skip to Content

Coplas para o Maio

Inventamos por niveis unha copla para recitarlle ó Maio.

COPLAS PARA O MAIO

 

3 anos: O mellor do noso Maio

son tódalas súas flores

que visten o noso patio

con tódalas súas cores.

 

Os do polbo e o crocodilo

querémoste saudar

porque é o primeiro ano

que esta festa imos celebrar.

 

4 anos: O mellor do noso Maio

son tódalas súas flores

que visten o noso patio

con tódalas súas cores.

 

Os da bolboreta e o peixe

querémoste espertar

que no inverno xa durmiches

e agora hai que gozar.

 

5 anos: O mellor do noso Maio

son tódalas súas flores

que visten o noso patio

con tódalas súas cores.

 

Do coello, cangrexo e caracol

somos os maiores do cole

que con ilusión e unha flor

querémoste facer enorme.

 

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA



page | by Dr. Radut