Skip to Content

Normalización e dinamización Lingüística

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Como xa vos tiñamos anunciado, e para poñer o noso gran de area na conmemoración do Día das Letras Galegas, presentámosvos esta pequena adaptación do conto As pitas baixo a choiva escrito polo autor homenaxeado Ricardo Carballo Calero.

Esperamos que vos guste (podedes deixar un comentario abaixo)

LETRAS GALEGAS 2020

 O concello de Viveiro programa varias actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

 

LETRAS GALEGAS 2020 - CARICATURAS DE RICARDO CARBALLO CALERO

Hoxe deixámosvos unhas caricaturas de Ricardo Carballo Calero, realizadas polo artista Siro López Lorenzo. Algún de vos se atreve a facer unha caricatura deste autor??? ou se preferides de vos mesmos, da vosa familia ou incluso das profes ou dos vosos compañeirxs.

Veña, animádevos que xa sabemos que sodes uns artistas!!!

 

 

LETRAS GALEGAS 2020

  A exposición gañadora na categoría de centros de educación infantil e primaria  é Recordando Carvalho Calero, do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña).   

  Trátase dunha serie de carteis que combinan da forma máis axeitada a beleza estética, a calidade da lingua e o recurso ás tecnoloxías da información e da comunicación máis innovadoras (como é a realidade aumentada), coa finalidade de difundir a vida e a obra de Carvalho Calero entre o público máis novo, incluído o que presenta necesidades específicas de apoio educativo.

LETRAS GALEGAS 2020

E hoxe, deixámosvos un adianto da que se aveciña para o venres. Que será, que será????

Se queredes ver o que estamos a preparar para conmemorar o Día das Letras Galegas, estade atentos e atentas ás vosas pantallas.

 

LETRAS GALEGAS 2020

Máis xogos interactivos ... 

RICARDO CARVALHO CALERO

LETRAS GALEGAS 2020

 A través destes contos audiovisuais desenvolvidos por OQO editora, os nenos e nenas cos seus pais e nais poderán escoitar un modelo de fala de calidade na narración.

TRES HISTORIAS PARA VER… E APRENDER!

Os sete cabritos, A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos.

 

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO

 Para conmemorar o 17 de maio, o día das Letras Galegas, querémosvos dar a coñecer ao autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. Unha biografía que permitirá que coñezades máis de preto, ao primeiro catedrático da lingua galega, e unhas actividades interactivas que vos achegarán a unha das obras literarias deste escritor, As pitas baixo a choiva.

 Centrarémonos neste conto e convidámosvos a crear a vosa propia pita con diferentes técnicas plásticas e materiais. A pita presentarase sobre un fondo negro e podedes enviar a imaxe da mesma ao 646148944 ou ao correo familiassanroque@gmail.com. Tedes de prazo ata o mércores 13 de maio, este incluído. 

 Veña animádevos, sabemos que sodes uns grandes artistas.

 

BIOGRAFÍA RICARDO CARVALHO CALERO

http://seminariogalan.org/inicio/ver/463

 

ACTIVIDADES 4º EI

http://seminariogalan.org/inicio/ver/460

 

ACTIVIDADES 5º EI

http://seminariogalan.org/inicio/ver/461

 

ACTIVIDADES 6º EI

http://seminariogalan.org/inicio/ver/462

 

LETRAS GALEGAS 2020

 Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega querémosvos propoñer, durante os vindeiros días, uns recursos e actividades para festexar o vindeiro 17 de maio, o día das Letras Galegas.

 Os vosos amigos, os Bolechas, quérenvos dar a coñecer a vida e obra de diferentes persoeiros a quen a Real Academia Galega lles dedicou o 17 de maio. Pepe Carreiro, o autor dos Bolechas, converte unha obra de cada autor nun entretido conto co que o lector ou lectora vai descubrindo quen é a personaxe de quen se fala, ao tempo que goza dunha aventura típica desta divertida familia galega.

 

AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS GALEGAS

https://www.lingua.gal/recursos/para-medrar-en-galego/_/letras-galegas/Outros/contido_0050/minas-primeiras-letras-galegas

 

DIA DE ROSALÍA

O vindeiro venres 23 de febreiro celebraremos o DIA DE ROSALÍA, e ilustraremos varios poemasmusicados da autora: Xan (3 anos ), Paseniño

Distribuir contido


by Dr. Radut