Skip to Content

Normalización e dinamización Lingüística

Enterro da sardiña

 

Celebramos o Entroido

En colaboración co equipo de actividades complementarias e extraescolares e coa ANPA, festexamos o Entroido disfrazados con todos os complementos que mandou o Meco e na cara algo pintado; espectáculo de maxia e merenda cos postres típicos destas datas que aportaron as familias(filloas, rosquillas, orellas...).

Os mandatos do Meco

 

Entroido 2013

 

En colaboración co equipo de actividades complementarias e extraescolares, ambientamos o cole nestas datas. Adornamos a entrada do cole con carteis e elementos propios do Entroido(máscaras, antifaces... e disfraces).

Conmemoramos o Día da Paz

 

Monicreques pola Paz

 

En colaboración co equipo da biblioteca, adaptamos o conto Negros e brancos, que trata o tema da paz, para unha representación de monicreques para os nenos/as.

Cantarela dos nenos

 

Visita do Apalpador

 Coa axuda da ANPA, o Apalpador vistou o noso cole polo Nadal(22 de decembro). Menuda sorpresa se levaron os nenos/as cando chegaron á biblioteca.

 

 

 

Decoramos o cole no Nadal

Adornamos a entrada do cole coas portadas das postais en tamaño cartolina e coa mensaxe de Bo Nadal en diferentes idiomas(galego, castelán, catalán, euskera, inglés, francés, portugués, italiano, alemán), a cada un dos grupos do cole lle tocou decorar un dos carteis.

 

As nosas postais

Distribuir contido


by Dr. Radut