Skip to Content

Normalización e dinamización Lingüística

CHEGOU O NADAL

 Xa está próximo o Nadal e queremos facer varias propostas para celebralo... Música para cantar e bailar nestas datas tan especias, xogos interactivos e cartas para escribirlles ao Apalpador, a Papá Noel e aos Reis Magos. Esperamos que vos gusten e os nosos mellores desexos para o novo ano que comeza...

NADAL

EMPARELLAMOS

COMPOÑEMOS A PALABRA

XOGUETES DO APALPADOR

APALPADOR OU PAPÁ NOEL

ADIVIÑA ADIVIÑANZA

 Lembrade que as letras das cancións e as cartas podedes descargalas nos documentos que adxuntamos.

MAGOSTO 2021

 Esta semana celebraremos O Magosto, aínda que de xeito diferente, a nivel de aula, un ano máis, pero sen deixar de esquecer esta festa tradicional arredor da castaña. Aprenderemos esta canción baseada nunha melodía popular, A CASTAÑA SI, A CASTAÑA NON, no arquivo que adxuntamos.

 Realizaremos ao longo da semana xogos nos recunchos e na ludoteca relacionados coa castaña e con outros froitos do outono... Degustaremos o venres as castañas na merenda ou outras sobremesas de outono e levaremos a casa unha manualidade feita cunha castaña. Aproveitaremos esta celebración para xogar con peóns feitos con material de refugallo baixo o lema POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO. 

 Podedes gozar tamén xogando a estes xogos interactivos que xiran arredor da castañas e dos peóns:

AS EMOCIÓNS DA CASTAÑA

A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA

DÍA DO PEÓN

  E así foi como nos divertimos, aprendimos, cantamos, xogamos, degustamos...

MAIOS 2021

 No mes de maio, no mes das flores, ven o maio pola calle de abaixo...  Para conmemorar esta festa tradicional de Viveiro, este vídeo lembrando moitos momentos vividos no cole nesta celebración da primavera. Aínda que este ano non poderemos ir pola calle de abaixo, vestirémonos e o celebraremos no cole dun xeito especial. Adxuntamos o texto da canción dos Maios para que podades aprendela ou para recordala no cole ou coa vosa familia.

 Decoramos as fiestras do noso patio con motivos dos maios: flores, sombreiros...

Todos e todas vestidos dos maios bailamos e pintamos flores no patio de recreo.

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

 Para conmemorar o 17 de maio, o día das Letras Galegas, querémosvos dar a coñecer á autora homenaxeada este ano, Xela Arias Castaño. Unhas biografías que permitirán que coñezades máis de preto, á poeta rompedora e á muller comprometida, e unhas actividades interactivas que vos achegarán á vida e obra desta escritora, editora, tradutora e profesora galega.

 

 XELA  ARIAS. EDUCACIÓN INFANTIL

 

XELA  ARIAS. LETRAS GALEGAS

 

CANCIÓN CON PICTOGRAMAS XELA  ARIAS CASTAÑO

 

UN CONTO DE XELA  ARIAS

 

A FRAGA DOS PAXAROS FALADORES

 

ACTIVIDADES 4º EI

 

ACTIVIDADES 5º EI

 

ACTIVIDADES 6º EI

 

 Outros recursos de interese(marcapáxinas, díptico, carteis, álbum de imaxes, obras...): SEMINARIO GALÁN     

 Para conmemorar este día do mes de maio, a nosa lingua, as nosas tradicións, a nosa cultura... vos deixamos tamén unha preciosa canción, O meu país, de Magín Blanco e Uxía Senlle:

 

OLLADAS E RISOS

As nenas e nenos de 5 anos realizamos un video, no cal contamos a historia dunha nena chamada Xela. Este conto foi escrito por un ex alumno da nosa escola, que hoxe xa ten 12 anos e que no lo enviou.

Nós realizamos unha montaxe cos debuxos de todas as nenas e nenos.

Os nosos nenos e nenas realizaron caroutas e retratos personalizados de Xela Arias,deixando libre a súa creatividade e imaxinación.

Tamén realizamos fichas sobre a escritora.

MURAL DE XELA ARIAS CASTAÑO

Os nenos e nenas de cada aula realizaron un gran quebracabezas sobre Xela Arias. O alumnado se tres anos presentando á escritora, os de catro anos sobre as profesións e lugares onde viviu e traballou e os de cinco anos sobre os libros da autora e as súas traducións.

Posteriormente xuntamos tódolos quebracabezas, xunto a outro quebracabezas con retratos da escritora, formando un mural xigante. 

Finalmente, o alumnado de 4 anos realizou caroutas lembrando a Rosalia de Castro por ser a escritora homenaxeada nas Letras Galegas de 1963, no centenario da primeira edición de Cantares Gallegos.

 

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO.

Neste día tan especial adicado ao lbro, todas as nenas e nenos do San Roque disfrutamos coa escritora Estefanía Padulles, que nos relatou un dos seus contos titulado A manchas ou a raias?, a través dunha videoconferencia.

 

 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Día do libro infantil e xuvenil (2 de abril): en colaboración ca equipa da biblioteca disfrutamos cunha función de monicreques realizada polo profesorado e titulada “Érase dúas veces carapuchiña“.

 

Disfrutamos un montón con este conto. Se queredes volver a velo podedes pinchar no seguinte enlace:

https://youtu.be/FRMaPc2Yq2I

 

VIDEOS DA POESÍA

 

En colaboración ca equipa de biblioteca realizamos varias montaxes con videos enviados polas familias, nol cales o alumnado xunto coa súa familia recitou un poema acompañado cun debuxo significativo do mesmo.

Podedes disfrutar deles a través dos seguintes enlaces:

https://youtu.be/5FcxwwRC6Uo

https://youtu.be/ejBPK8DJ7U0

https://youtu.be/ZkqaF8mzb6k

DÍA DA POESÍA

As nenas e nenos da escola decoraron os corredores da nosa escola con diferentes obras plásticas sobre o poema "O arco da vella" de Manuel María e sobre catro poemas de Elvira Ribeiro Tobío "O tesouro", "A nena pirata", "O mar calmo" e "Mil flores".

MULLER

 No Día da muller, 8 de marzo, pensando en galego. Dun poema da profe Rocío, unha canción... Para que  os nenos e as nenas medren na igualdade e no respecto.

A letra da canción pódedela imprimir ou descargar no documento que se adxunta...

 

MULLER

 

MULLER NO MAR,

NAS ONDAS DA VIDA

IMAXINA O TEU MUNDO,

O SOL TE ILUMINA.

 

NARANA, NARANA,

NARANANANANA.

 

MULLER NA TERRA,

NOS SURCOS QUE LABRAS

ILUMINA O TEU MUNDO,

A LÚA TE ABRAZA.

 

NARANA, …

 

MULLER NO AIRE,

NO VENTO CAMIÑAS

SOÑANDO O TEU MUNDO,

A ESTRELA TE GUÍA.

 

NARANA, …

 

Rocío Fernández Novo,

para o 8 de marzo Día da Muller

 

Neste vídeo queremos amosar as actividades realizadas polos nenos/as a nivel de centro no Día da muller...

DÍA DE ROSALÍA E DÍA DA LINGUA MATERNA

 Con esta proposta de actividades traballaremos ambas conmemoracións, o Día da lingua materna(21 de febreiro) e o Día de Rosalía(24 de febreiro). O primeiro co obxectivo de promover o plurilinguísmo e a diversidade cultural e o segundo por coñecer a Rosalía e a súa obra, na data do seu nacemento... O galego como a lingua materna dos nosos avós, pais/nais... como a nosa lingua e como a lingua de Rosalía.

 Se queredes coñecer á nosa escritora galega universal facede clic:

ROSALÍA DE CASTRO. BIOGRAFÍA

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Traballaremos sobre catro versos dun poema Eu ben vin estar o moucho, de Rosalía, musicados polo grupo Migallas, unha versión divertida que xoga coa rítmica do texto e o ritmo da música. 

 Escoita tamén o rap Sempre Rosalía, escrito polo músico e mestre Iván Vale para esta conmemoración.

 Agora querémosvos amosar o traballo realizado no centro ao longo destes días para conmemorar estas dúas datas, especiais para nós e para a nosa lingua.

 Os nenos/as de 5 anos nos agasallan cun poema de Rosalía  do seu libro Cantares Gallegos, publicado por primeira vez o 17 de maio de 1863, Cantar hei, Galicia:

 

 Tódolos nenos/as do cole cantaron e aprenderon a canción do moucho, creamos e elaboramos mouchos utilizando diferentes materiais e técnicas plásticas... Así  quedou a nosa aportación e deste xeito nos sentimos máis unidos...

  

Con este vídeo participamos na proposta cultural do Concello de Viveiro Voces para Rosalía:

Distribuir contido


by Dr. Radut