Skip to Content

Normalización e dinamización Lingüística

DÍA DE ROSALÍA E DÍA DA LINGUA MATERNA

 Con esta proposta de actividades traballaremos ambas conmemoracións, o Día da lingua materna(21 de febreiro) e o Día de Rosalía(24 de febreiro). O primeiro co obxectivo de promover o plurilinguísmo e a diversidade cultural e o segundo por coñecer a Rosalía e a súa obra, na data do seu nacemento... O galego como a lingua materna dos nosos avós, pais/nais... como a nosa lingua e como a lingua de Rosalía.

 Se queredes coñecer á nosa escritora galega universal facede clic:

ROSALÍA DE CASTRO. BIOGRAFÍA

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Traballaremos sobre catro versos dun poema Eu ben vin estar o moucho, de Rosalía, musicados polo grupo Migallas, unha versión divertida que xoga coa rítmica do texto e o ritmo da música. 

 Escoita tamén o rap Sempre Rosalía, escrito polo músico e mestre Iván Vale para esta conmemoración.

 Agora querémosvos amosar o traballo realizado no centro ao longo destes días para conmemorar estas dúas datas, especiais para nós e para a nosa lingua.

 Os nenos/as de 5 anos nos agasallan cun poema de Rosalía  do seu libro Cantares Gallegos, publicado por primeira vez o 17 de maio de 1863, Cantar hei, Galicia:

 

 Tódolos nenos/as do cole cantaron e aprenderon a canción do moucho, creamos e elaboramos mouchos utilizando diferentes materiais e técnicas plásticas... Así  quedou a nosa aportación e deste xeito nos sentimos máis unidos...

  

Con este vídeo participamos na proposta cultural do Concello de Viveiro Voces para Rosalía:

RECORDANDO O ENTERRO DA SARDIÑA

 Este ano non quixemos esquecer o noso xa tradicional Enterro da sardiña no cole polo que fixemos un pequeno recordatorio deste festa popular da nosa localidade coa que remata o Entroido. Este curso non pode ser pero volveremos a pasear a sardiña polo noso patio e polas rúas de Viveiro cantando todos e todas...

 

Si te queres divertir

non tes mais que vir

ó Antroido a Viveiro.

Aquí terás que levar

túnica, antifaz

bigote e pandeiro.

As penas as de deixar

co baile e o cantar

que a vida é unha broma.

Danzar, neniños danzar

pra pena olvidar

¡que la mar me coma!

Cantemos, cantemos,

démoslle ó ribeiro

que non hai Antroido

como o de Viveiro,

que aunque hoxe a sardiña

vamos a enterrar,

tiremos da liña

pra resucitar,

si non é sardiña

parrocha será.

 

José Travieso Quelle

Letra e música

 

 Se vos apetece podedes descargar e imprimir a letra da canción no documento que se adxunta.

 Os nenos e nenas estiveron recordando a canción e vendo diferentes momentos desta celebración no noso cole. Os alumnos/as de 5º B nos amosan as súas sardiñas e nos cantan a canción.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA (11 FEBREIRO)

Hoxe os nenos e nenas da escola remataron o noso gran mural da ciencia.

Cada aula elaborou un retrato coa muller científica que elexiu e posteriormente, realizouse este mural grupal cos traballos de todos os nenos e nenas das diferentes aulas.

Así mesmo, os grupos burbulla de cada aula diseñaron o seu propio robot, cunha función diferente cada un e utilizando todo tipo de material (plastilina, cartón, caixas, pezas de construcción...). Posteriormente, realizaron un debuxo dos mesmos.

Con todos os robots realizamos unha composición dun robot xigante, que colocamos neste mural, xunto ás mulleres científicas elexidas: Margarita Salas, Ángela Ruíz Robles, Rocío Martínez Núñez, Amparo Alonso, Elena García Armada e Gabriela Morreale. 

Noraboa sodes xeniais!!

  

  

OS MANDATOS DA MECA DO ENTROIDO

Abride ven as orellas e estade moi atentos/as porque o Entroido vai comezar e á Meca  tes que copiar!!!

E aquí está a MECA da nosa escola !!

 Os nenos e nenas da nosa escola comezaron a practicar a cantiga e fixeron fermosos debuxos da MECA.

Tamén decoraron as fiestras e corredores con motivos do Entroido realizados nas diferentes aulas.

 

CANTIGA "TODOS QUEREMOS PAZ"

Hoxe todos os nenos e nenas da nosa escola cantaron a nosa cantiga da Paz, a través dunha videconferencia.

Tremendos artistazos!!

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Nesta semana estamos a celebrar o día escolar da Paz e a non Viloencia, a través dun montón de actividades cargadas de igualdade e tolerencia:

-Coa colaboración da equipa da biblioteca xa podemos disfrutar nas pizarras dixitais das aulas, cun conto moi especial: O rei que bordaba estrelas.

Podedes disfrutar del sempre que queirades a través deste enlace.

https://youtu.be/QCpuMhhR1bk

As nenas e nenos de 4 anos partindo deste fermoso conto,están a facer un taller de cosido de estrelas (dentro do noso proxecto "VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É " seguindo o  CAMIÑO DO MAR neste Xacobeo 2021-22  que está cheo de ESTRELAS).

  

O alumnado de tres anos realizou un mural da portada do conto coa imaxe do rei, que colocamos na árbore da entrada da nosa escola, xunto ás estrelas bordadas. 

 

Os nenos e nenas de tres e catro anos fixeron unha fermosa actividade plástica sobre a nosa cantiga "Todos queremos paz".

 

 Ademáis da celebración da Paz queremos lembrarnos tamén do DÍA DA ILUSTRACIÓN e para festexalo, as alumnas e alumnos de 5 anos realizaron a través do kamishibai, unha adaptación  do conto Negros e brancos que Librín deixou na CITA A CEGAS, 

Aquí tedes o enlace.

Noraboa a todos, estades feitos uns campeóns!!

 

TODOS QUEREMOS PAZ

 O 30 de xaneiro, conmemórase o Día escolar da Paz e a non violencia, polo que ao longo desta semana realizaremos diferentes actividades a nivel de centro. Pensando en palabras como o respecto, a solidariedade, a colaboración, pensando en todo o que nos une e en todo o que nos separa, hoxe máis que nunca debemos buscar a Paz no mundo pero tamén a nosa propia Paz, tan necesaria neste momento. Nos propuxemos, para estar máis unidos que nunca e a unha mesma voz cantar esta canción TODOS QUEREMOS PAZ, escrita pola profe Genma para este día tan especial.

TODOS QUEREMOS PAZ

PAZ PAZ PAZ

IMOS TODOS FESTEXAR

HOXE NO NOSO COLEXIO

AGARRADIÑOS DA MAN.

NON QUEREMOS ESAS GUERRAS

NIN QUEREMOS PELEXAR

QUEREMOS MOITAS APERTAS

E AGARIMOS A RODAR.

 

Genma Rego,

para o Día da Paz

O CAMIÑO DO MAR

Neste curso estamos a traballar un proxecto sobre Viveiro e o Camiño do Mar que nos conduce a Santiago de Compostela.

Realizamos unha saída pola ruta do mar de Viveiro, con dous guías peregrinos que nos explicaron a ruta e os aspectos máis importantes deste camiño.

 VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É

Así mesmo, estamos a  traballar a peregrinaxe á Compostela con todo tipo de traballos e  partindo do conto Bo camiño Valentino. 

  A través dos seguintes enlaces, podedes disfrutar con moitos xogos, como sopas de letras, xogos de memoria visual e auditiva e bits entre outros, referentes aos contidos aprendidos.

https://obloguede6b.blogspot.com/2021/01/o-camino-das-estrelas.html

https://static.tinytap.it/media/webplayer/webplayer.html?structureJson=https://www.tinytap.it/store/api/album/176407/structure/&emded=true

O blogue 

 

O APALPADOR VISITOUNOS!!

Hoxe 22 de decembro foi un día cargado de emotivas sorpresas e non puido faltar a visita do Apalpador, a través dun video que nos enviou él mesmo dende o Courel.

O alumnado pasouno xenial, coñeceron onde vive e o gracioso que é o noso querido Apalpador.

ONDE ESTÁN AS RAÍÑAS DE ORIENTE?

Hoxe disfrutamos co conto coeducativo que nos enviou a nosa mascota da biblioteca "O moucho Librín" titulado:

Onde están as raíñas de Oriente?

https://youtu.be/lyET-AdO84s

 

Distribuir contido


by Dr. Radut