Skip to Content

Ed. Física

Campo a través

O sábado día 1 de febreiro celebrouse en Ourense o campionato provincial de campo a través. Esta proba contou coa participación dun alumno do Cra Amencer. Parabéns a todos e todas os/as participantes!

CAMPO A TRAVÉS

O martes 21 de xaneiro participamos no campionato comarcal de campo a través no parque da Veronza. Disfrutamos dunha xornada de convivencia con outros colexios, fixemos exercicio e pasamos unha mañá moi divertida. Parabéns a todos os/as participantes.
 

XOGOS POPULARES

Repasando algún xogo popular como A mariola ou o 7 e medio. A xogar!

 

ANDAINA

O martes 14 de maio realizamos unha andaina pola ribeira do río Avia. Acabamos na casa da cultura disfrutando dun concerto...Que calor!

MULTIXOGO

O mércores 8 de maio participamos nunha xornada de convivencia e xogo no pavillón municipal. Practicamos saltos, carreiras, lanzamentos, balón pé, brilé...Pasámolo xenial!
 

MULTIXOGO

O martes 8 de maio, @s alumn@s de primaria foron ao Pavillón de Ribadavia a realizar distintas actividades deportivas con outros centros escolares da comarca.

No seguinte video podedes ver o ben que o pasaron.

XOGANDO CO ATLETISMO - 27 abril 2017 -

Boa tarde a tod@s.

Unha nova cita deportiva, desta volta ó xoves 27 de abril, no polideportivo de Ribadavia.

Achegámonos a disfrutar das diferentes probas do atletismo, na que o principal obxectivo foi divertirse e probar as múltiples disciplinas como  son: salto lonxitude, lanzamento de peso, xabalina, salto de altura e diferentes carreiras de velocidade e relevos.

Aquí vai o vídeo da actividade...

 

 

¡Tod@s somos un equipo!

PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS -18 febreiro 2017-

Bo día a tod@s

Aquí vos deixo o vídeo do campionato provincial de campo a través celebrado o pasado 18 de febreiro no complexo deportivo de Monterrei, pertencente ó Concello do Pereiro de Aguiar.

Comezou a xornada para ó equipo do CRA Amencer agardando o bus nas paradas previstas de San Cristovo e Francelos, logo chegada a Ourense; xa na instalación se disputou a proba.

Gran participación e só me queda felicitar a tod@s @s participantes e lembrade...

 

 

¡Tod@s somos un equipo!

CAMPO A TRAVÉS -19 xaneiro 2017-

O alumnado do CRA Amencer participou na final comarcal do Ribeiro de campo a través, unha das probas de atletismo máis divertidas. Achegámonos ata o campo de fútbol de O Xestal, con dous equipos de Benxamín mixto.

A proba consistiu en dúas voltas ó campo de fútbol para esta categoría; mantendo postos de clasificación para o provincial de febreiro na maior parte da carreira.

Finalmente, destácase o bo facer dos dous equipos benxamín, e felicitamos a Olaya polo fantástico 5º posto que a clasificou para o provincial.

 

 

Tod@s somos un equipo!

XOGOS POPULARES

O alumando do CRA Amencer practicou ao longo de 15 días múltiples xogos populares enmarcados no programa Xogade pertencente ó Deporte escolar galego, xogos de sempre, que lle achegan a cultura e tradición presente en todas as familias galegas.

 

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut