Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
21 MARZO: DÍA DA POESÍA |
Este ano fomos celebrar o día da Poesía nos montes que temos arredor das nosas escolas.
Estas son algunhas das poesías que crearon os alumnos de 1º e 2º de primaria de San Cristovo.
|
LETRAS GALEGAS 2016 |
Actividades on-line do Seminario Galán Ademáis a Casa da Cultura e a Biblioteca Pública de Ribadavia organizan as seguintes actividades para celebrar as Letras Galegas na nosa vila O domingo 15 de maio as 17 h na Casa da Cultura estará Pablo Díaz, dentro do programa FALAREDES
E o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, as 12 h na Praza Maior estará Anxo Moure, dentro do programa Ler conta moito |
Día de Rosalía |
|
BRAIS MOURE |
O venres 29 de marzo visitou as tres escolas do CRA, Brais Moure, o fillo do "Carballo con botas". Ensinounos unha maleta chea de elementos da natureza: paos, piñas, carrabouxos, variñas máxicas de teixo, sobreira e sons de paxaros. E contounos moitos contos, cantigas e música da natureza para aprender a coidar as nosas árbores. Tamén trouxo a súa Ciclobiblioteca, cargada de libros da natureza. No seguinte video podedes ver o ben que o pasamos. |
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA |
Coma todos os anos, o CRA Amencer celebra o 8 de Marzo, o día da Muller Traballadora. Homenaxeamos a mulleres importantes da historia (Coco Chanel, Frida Kahlo, Dian Fossey, Ella Fitzgerald, Agatha Cristie, Malala) e como non, a mulleres importantes para @s nos@s nen@s (as súas nais e avoas) Aquí vos deixo os traballos que fixemos as distintan escolas do CRA: Francelos, San Cristovo e San Paio. |
EXPOSICIÓN E TROCO DE LIBROS |
Un ano máis tod@s @s alumn@s do cole trouxeron os seus libros favoritos das casas para facer intercambio c@s seus compañeir@s. |
O MONSTRUO DE CORES |
Esta semana (do 19 ao 23) tocou o conto do MONSTRUO DE CORES. Mirade que ben o pasaron |
Contos xaneiro |
|
UN MAR DE CONTOS |
Dende a bliblioteca estamos inmersos nun proxecto de Pesca, así que aproveitamos a ocasión para coñecer a maravilla de contos que hai sobre peixes, disfrutar das súas aventuras, aprender sobre sobre o tema, e o que é máis importante dos valores fundamentais da vida (respeto, amor, honestidade, compañerismo, responsabilidade...) El pez Arcoiris de Marcus Pfister danos unha preciosa lección de xenerosidade e permítenos cuestionar nunha sociedad que tanta importancia lle da a apariencia o verdadero valor desta. Leo Leonni conta a historia de Nadarín que tras varias desventuras aprende a non fuxir ante os problemas e axuda a unha bandada de peixiños pequenos coma él a non ter medo. |
ANTÓN COMODÓN |
Antón foi un neno que cando era cativo facíanlle todo na casa, non facía falta que aprendera nada se non quería. Cando medrou, tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facerlle todo. Un día Nicolás pensou que xa tiña cartos suficietes para poder ir as Illas Verdes. Antón non sabía vivir sen axuda: nin vestirse, nin abotoarse os zapatos, nin tan sequera comer só a sopa! Así pois decidiu comezar unha longa viaxe en busca de Nicolás, atravesando campos, cidades e lugares descoñecidos para él, como unha granxa e un porto. Durante a súa viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas. Cando por fin chegou as Illas Verdes e encontrou a Nicolás deuse conta que aprendera unha chea de cousas e que era capaz de valerse por sí mesmo e foi entón cando decidiu quedarse a vivir e botarlle unha man a Nicolás co seu carriño dos xeados como dous bos amigos. Un conto que fixo reflexionar aos nen@s sobre a importancia de facer eles as cousas. Aquí vos deixo algúns dos seus traballos.
|
24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA |
Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro 2019, os equipos de Biblioteca e Dinamización da lingua galega, sumámonos ás actividades propostas pola AELG (Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega) co lema DO XIX AO XXI: LIBRE O MEU PENSAMENTO! Adaptamos a proposta da AELG ao noso alumnado e este foi o resultado
Escola de San Cristovo Escola de San Paio Escola de Francelos Ademáis o alumnado da escola de San Paio fixo unha recitación |
¡COMO MOLA TU ESCOBA! |
Este mes de outubro na escola de San Cristovo, os nenos de Educación Primaria estiveron traballando o conto ¡Como mola tu escoba! Unha bruxa voa coa sua gata pero o vento arrancalle primeiro o gorro, logo o lazo e a vara. En cada ocasión, a bruxa aterriza para recoller o que lle cae e faise amiga dun can, dun loro e dunha rá. A todos lles mola a súa escoba e lle piden voar nela. A xenerosidade da bruxa vese recompensada cando un temible dragón está a punto de comela. Xenerosidade, empatía, amizade...valores que se traballaron no conto e actividades como debuxo libre, marionetas para contar o conto, marionetas de dedo, laberinto que axuda a bruxa a atopar cousas perdidas, descripcións de personaxes e sopa de letras. Aquí vos deixo unhas fotos para que o vexades.
|
LETRAS GALEGAS 2017 |
Programación da Semana Cultural das Letras Galegas
Actividades en liña do Seminario Galán PRIMAVERA DAS LETRAS |
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO |
Esta é a nosa pequena aportación para conmemorar o 25 DE NOVEMBRO
|
POSTAIS NADAL 2018 |
No seguinte vídeo podedes ver todas as postais de Nadal que fixeron @s nos@s alumn@s. Moitas grazas a tod@s pola vosa participación. |
CONCURSO DE POSTAIS 2017 |
No seguinte video podedes ver todas as postais que fixeron os/as nosos/as alumnos/as para participar no concurso deste ano |
8 MARZO 2017: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER |
Para celebrar o Día Internacional da Muller, as escolas escolleron a diferentes mulleres para conmemorar ese día. Dende agora, os nosos alumnos saberán algo máis de Audrey Hepburn, Frida Kahlo, Amelia Earhart e Marie Curie. |
GUÍA NADAL 2016 |
Este ano a guía de recomendacións de Nadal fixémola en colaboración co CEIP de Castrelo de Miño. Foi todo un pracer traballar con eles.
|
XABIER P. DOCAMPO |
Durante o mes de novembro estivemos traballando arredor da figura de Xabier P. DoCampo, polo seu recente falecemento. Estes son algúns dos traballos que fixeron: Historia dunha pinga de auga De cores e de amores Nube de neve O home que inventou unha maneira de andar
|
SAMAÍN |
No Samaín a biblioteca escolar do noso CRA e os espacios lectores das escolas ambiéntanse para a ocasión, traballamos unha morea de contos con este motivo. Aquí vos deixo un resumo de fotos para que o disfrutedes. |
ARTUR E CLEMENTINA |
Na escola de San Paio traballaron co conto de Artur e Clementina no Día Internacional contra a violencia de xénero. |
OS NOSOS DEBERES |
Os venres, os nenos/as de Educación Infantil levamos os deberes (bolsiña con conto da biblioteca) con moita ilusión, facemos verdadeiras obras de arte, aquí vos enseñamos unha mostra. |
LETRAS GALEGAS 2018: MARÍA VICTORIA MORENO |
O Día das Letras Galegas deste ano estará dedicado á escritora e profesora María Viictoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005). Aquí vos deixamos unhas actividades en rede do Seminario Galán para traballar a vida e obra da escritora.
A RAG Primavera das Letras fornece o profesorado de Infantil e Primaria, os pais e nais e o propio alumnado destas etapas de propostas didácticas e lúdicas arredor do universo vital e literario da homenaxeada. |
8 MARZO 2016: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER |
Estes son algúns dos traballos que fixeron os nos@s alumnos para celebrar o día 8 de marzo: |
A VENDIMA E A ARTE |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »