Ola!!
Esta semana celebramos a semana das Letras Galegas. A cultura e a actividade física sempre foron parellas por iso esta semana a miña proposta son
os Xogos Populares.
Vou poñer 4 xogos pero si queredes engadir algún máis non hai problema, podedes xogar a estes ou a outros que coñezan os vosos pais/nais ou avós/avoas.
Espero que vos gusten.
XOGO 1: A MARIOLA
Este xogo penso que xa o coñecedes case todos. Os máis pequenos poden saltar a pés xuntos.
No enlace están es regras:
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1367237289/contido/XOGOS-POPULARES/a-mariola.html
Pincha na imaxe para ver vídeo.
XOGO 2: TIRO Á RAIA
Xogo moi sinxelo. Debuxamos unha raia no chan e lanzamos unha pedra/ficha/moeda dende unha distancia. Temos que quedar encima da raia ou
o máis preto posible. Tamán se pode facer con canicas.
Pincha na imaxe: no vídeo xogan con canicas.
XOGO 3: TIRO Á PAREDE
O xogo é similar ao anterior (Tiro a raia) pero hai que tirar cara unha parede. Temos que intentar que a ficha/pedra/moeda/canica quede
o máis cerca posible da parede.
Pincha na imaxe.
XOGO 4: O TRES EN RAIA
EstE xogo tamán é moi coñecido. Trátase de tentar facer unha liña de tres e que o teu rival non a faga antes.
Pincha na imaxe.
ESPERO QUE VOS GUSTEN! RECORDADE QUE SE QUEREDES FACER OUTROS XOGOS SO TEDES QUE MANDAR FOTO E DICIR O XOGO DO QUE SE TRATA.
SE O EXPLICADES PODEMOS COMPARTILO PARA OS VOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
APERTAS FORTES!!