Skip to Content

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN (CURSO 2019-20)

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, dende o 1 de febreiro, inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición.

O alumn@ que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (neste caso, CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA) deberá presentar o ANEXO I no CRA Amencer de Ribadavia antes do 15 de febreiro.

A solicitude tamén se pode presentar a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado): solicitudes - solicitudes de reserva - crear solicitude de reserva

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Lémbrase tamén que o alumnado que faga esta reserva no centro adscrito, non poderá presentar solicitude de matrícula en calquera outro centro.

 

Publícanse os formularios de solicitudes e a propia orde:

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)

- Anexo I: Reserva de praza

BO NADAL 2018

TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA AMENCER DESÉXAVOS UN BO NADAL

RESULTADO DA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Despois da elección para a renovación parcial do Consello Escolar do centro, a Xunta Electoral proclama candidatos electos aos seguintes:

- representante do profesorado: Mª Vanesa Carballo Leal

- representante da ANPA: Mª de los Ángeles González Expósito

- representante do concello de Ribadavia: María López Touza

Asdo: Os compoñentes da Xunta Electoral.

CANDIDATOS AO CONSELLO ESCOLAR

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a renovación parcial do Consello Escolar do centro, a Xunta Electoral fai pública a relación de nomes das candidatas:

- representante da ANPA: Mª de los Ángeles González Expósito

- representante do Concello: María López Touza

- representantes do profesorado: Mª Vanesa Carballo Leal e Marina Vilachá Rodríguez

As votacións do profesorado realizaranse o martes 27 de novembro as 16 h.

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Segundo a Resolución do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos público.

No noso centro corresponde renovar un pai/nai designado pola ANPA e un profesor/a.

O prazo para a presentación de candidaturas é do 7 ao 14 de novembro.

Os censos están expostos nas tres escolas. As reclamacións a ditos censos poderanse facer ata o día 21 de novembro en que a Xunta Electoral os elevará a definitivos.

COMEZO DO CURSO

COMEZO DO CURSO 2018/19

12 DE SETEMBRO DE 2018

 

 

PRESENTACIÓN

DE 10 A 12 HORAS

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-19

 
 

Terceira emisión da Radio Xoaniña Rosalía

Aqui vos traemos a 3ª emisión da nosa radio Xoaniña Rosalía. Desta vez feita polos nenos da escola de San Paio, un programa moi divertido. Agardamos que vos guste!!

 

                          

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018-19

No DOG do día 21 de maio de 2018 publícase a Orde do 9 de maio de 2018, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

Enlace ao DOG

Enlace a solicitude

Enlace ao manual de usuario

Enlace á aplicación

REMATA O PRAZO O 22 DE XUÑO DE 2018

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2018/2019

Distribuir contido


by Dr. Radut