Skip to Content

INFORMACIÓN

Estimadas familias

O profesorado do C.R.A. Amencer  queremos darvos a benvida a este novo curso 2020/21.

Sabemos das vosas preocupacións, dúbidas e inquedanzas e por iso queremos transmitirvos que para nós o máis importante e a saúde e o benestar das vosas fillas e fillos e niso estamos traballando. Tomando como base o Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID 19 publicado pola Consellería de Educación na que estamos traballando na súa adaptación á nosa realidade, con medidas específicas de tipo organizativo, pedagóxico e preventivo, para que este curso se poida desenvolver coas máximas garantías.

Nos próximos días daremos a coñecer este Plan de Adaptación xunto con outras instruccións. A continuación mostrase o horario das reunións onde recibiredes a información máis detallada de cada aula e podedes plantexar as vosas dudas que vos poidan xurdir.

 

Agradecemos, coma sempre, a confianza que depositades en nós e pedimos a vosa colaboración unha vez máis para esta andaina.

As datas e horas para cada escola quedan reflectidas na seguinte táboa:

 

ESCOLA

DÍA

HORA

Escola de SAN CRISTOVO

07/09/2020

10:00

Escola de FRANCELOS

07/09/2020

11:15

Escola de SAN PAIO

07/09/2020

12:15

 

 

 



page | by Dr. Radut