Skip to Content

Curtas para valores

Relación de Curtametraxes para educar en valores

EL VENDEDOR DE HUMO: Esta curta animada plantexa diferentes cuestións alrredor das cales os alumnos teñen a oportunidade de reflexionar: o consumismo, a picaresca, cómo en ocasións lle damos demasiada importancia as apariencias…

- EL HOMBRE ORQUESTA:  a factoría de animación Pixar é a autora desta curtametraxe (tamén de animación) cuxa trama recolle a importancia de traballar en grupo. Asimesmo, reflexa que as rivalidades non sempre son boas, en especial cando son levadas ao extremo e isto implica danar ao resto de compañeiros.

- EL VIAJE DE SAID:  Coke Riobóo dirixiu en 2006 esta curtametraxe musical de animación feita con plastilina. Nela plantéxase o problema da inmigración, e tamén quere educar en valores como a solidaridade.

- LA FLOR MÁS GRANDE DEL MUNDO: A curtametraxe ‘La flor más grande del mundo’ está basado nun conto escrito polo Premio Nobel de Literatura José Saramago. Dase a circunstancia de que esta curta (elaborado coa técnica stop-motion) conta coa colaboración do propio Saramago que pon voz á historia que se conta e, ademais, ten o seu propio personaxe. Nela faise un chamamento á solidaridade e as relacións humanas, nun mundo donde a falta de ideais, o egoísmo ou o individualismo prevalecen por enriba  doutros sentimentos.
- EL CIRCO DE LAS MARIPOSAS: Interesante proposta que, seguramente, chamará a atención dos
estudantes. Valores como o respeto ou a dignidade son tratados nesta
curtametraxe que tamén plantexa outros medos e temores aos que todos
(nalgunha que outra ocasión) tivemos que hacer frente: a necesidade
de sentirse aceptados polos demáis, romper coas barreiras que moitas
veces nos poñemos nós mesmos e que nos impiden alcanzar os nosos
desexos…
 
- EL CAZO DE LORENZO:  Educar na diversidade. Ésta é a mensaxe que transmite a curtametraxe ‘El Cazo de Lorenzo’, unha proposta basada no conto da escritora Isabelle Carrier: relata a vida de Lorenzo, un neno de curta idade e diferente aos demáis que un día descobre que as personas boas tamén existen. O cazo de cor vermella que sempre o acompaña representa as dificultades e os obstáculos a vencer.
- POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA: A mensaXe que transmite é aceptar ás persoas que, por un motivo ou outro, son diferentes a nós. Hai que ser tolerantes e solidarias con elas e integralas no noso ambiente, non cambiar a súa forma ou maneira de ser. Neste caso, os seus protagonistas non son persoas senón figuras xeométricas; en concreto, un cadrado e varios círculos.
- THE LOST THING: En 2011 esta cinta conseguiu o Oscar á mellor curta animada. É unha chamada de atención ao estilo de vida que levamos e que, moitas veces, non nos deixa ver o que lle ocorre ás persoas que temos arredor, os seus problemas…  


page | by Dr. Radut