Skip to Content

SEMANA DA PRENSA

Na semana da prensa tivemos que resolver un reto: despois de analizar cómo é o xornal, buscamos e recortamos noticias de deportistas homes e mulleres, de quén hai máis noticias? Pegamos os recortes nun mapa visual que nos axudou a descifrar o reto! O seguinte paso foi pedir axuda as nosas familias para buscar nomes de deportistas mulleres e as profes crearon unha presentación para telas presentes.

Para realizar a tarefa que nos pediron dende a biblioteca fixemos equipos de xornalistas e cada un investigou e redactou a noticia sobre a muller deportista galega que lle tocou. Estas follas formarán parte so suplemento especial da VOZ DO CRA sobre MULLERES DEPORTISTAS GALEGAS.

Os e as xornalistas de San Paio fixeron un gran traballo!

SEMANA DA PRENSA de Vanesa Carballo Leal



page | by Dr. Radut