Skip to Content

EXCURSIÓN A MONFORTE!

Este curso decidimos que a nosa excursión sería a Monforte. Alí visitamos o seu castelo e entramos dentro da Torre Homenaxe onde o guía nos explicou moitas cousas dos Condes de Castro que eran os que vivían alí. Ver a cara dos cativos cando lles explicaba, que participaran da conversa poñendo en práctica os contidos traballados durante o curso, foi todo un privilexio!. Subimos ata as almenas do castelos e puidemos ver a fermosa paisaxe que garda esta vila. Logo collemos o autobús de novo e dirixímonos ata o centro de Monforte, merendamos e SORPRESA! Apareceu Anxo Moure que nos acompañou cantando polas rúas da vila para facer a nosa ruta dentro do camiño de Santiago. Logo antes de marchar sellamos a nosas credenciais facilitadas polo programa Vexo Vexo Xacoveo!. Un día para o recordo!

EXCURSIÓN MONFORTE E ANDAINA VEXO VEXO XACOVEO de Vanesa Carballo Leal



page | by Dr. Radut