slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5

COMEZO DO NOVO CURSO

O curso 2008-09 xa está aquí. Neste novo curso agardamos que se cumplan algúns obxectivos que nos parecen positivos para o mellor funcionamento do centro, e para incrementar a calidade educativa. Un deles é a actualización desta páxina web, así como utilizar a aula virtual para facilitar o traballo do alumnado. Ademáis, aquí poderanse consultar informacións relacionadas co comedor, transporte, titorías e ligas deportivas do noso colexio.

Os membros da nova directiva do centro dámosvos a benvida a este novo curso.

ROBOTOP PORTUGAL 2008

bichoOs pasados días 9, 10 e 11 de maio o profesor de Tecnoloxía, Javier
Méndez, e tres alumnos de 4º da ESO desprazáronse á localidade
portuguesa de Santo Tirso, preto de Porto, para participar no 2º
Campionato Nacional de Robótica de Portugal. Os tres alumnos, Eduardo
Seco, Carlos e Diego Freire, competiron cun robot feito con pezas de
Lego e consideran que a experiencia foi moi positiva, polo que está a
pensar en voltar o vindeiro ano.

Concurso na web Galicia Encantada

O premio non son cartos, mais a emoción está asegurada.

O sitio web Galicia Encantada propón un concurso arredor dos lugares con lenda.
Proporciona unha foto e un punto xeográfico no Google Maps.

Queda na vosa man identificar o lugar, co seu verdadeiro nome, e achegar as lendas que consigades sobre o mesmo. O que mandedes irase facendo público e entre todos completaredes un circo máxico: identificar e descubrir os lugares lendarios de Galicia.

Unha listaxe de honra dos que máis colaboren agarda polo nome dos aventureiros da internet.

 

VIAXE A LONDRES

Alumnos e alumnas do CPI Dos Dices de 2º e 3º
cursos de ESO realizarán unha viaxe de estudos a Londres entre os días 7 e 12
do mes de marzo. Esta viaxe está programada dentro dun programa de mellora do
ensino das linguas estranxeiras, no que se engloban o Plan de Anticipación do
Ensino do Inglés en Educación Infantil, as 4 Seccións Bilingües impartidas en
2º e 3º de ESO e a incorporación dunha Auxiliar de Conversación en lingua
inglesa no presente curso escolar.

SOLICITUDE DE XORNADA ÚNICA

O claustro de profesores do CPI Dos Dices ven de realizar a votación do proxecto de solicitude de xornada única de mañá para o vindeiro curso escolar. A pesar de que o apoio ao proxecto foi amplo (23 votos favorables sobre 35 posibles) non se acadou a maioría esixida pola normativa vixente, polo que o proxecto queda arquivado.

Esperamos que proximamente a Consellería cumpra o seu compromiso de modificar esta normativa, facéndoa menos restrictiva e máis realista.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer