slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5

Publicación da resolución das solicitudes de admisión para o curso 2024-2025

Infórmase de que está publicada no taboleiro de anuncios do centro a resolución das solicitudes de admisión para o curso 2024-2025.

Avaliación de diagnóstico 2024

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Facendo clic na seguinte imaxe podedes acceder a máis información:

Aberto o prazo para Solicita Bolsas MEC

Infórmase á comunidade educativa da apertura do prazo para solicitar bolsas MEC. O prazo de presentación de solictudes vai do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)

Para obter información sobre os detalles de como facer a solicitude fai clic na seguinte imaxe

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO E VACANTES PARA O CURSO 2024-2025

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2024-2025.

No documento adxunto podedes ver toda a información, incluídas as vacantes dispoñibles no noso centro.

 

Descarga aquí

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

Reservas admitidas para o curso 2024-2025 de alumnado procente de centros adscritos.

Todas as solicitudes presentadas no noso centro para o vindeiro curso escolar foron admitidas. A listaxe poden consultala no taboleiro de anuncios do centro.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer