slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5

Axudas á compra de libros de texto e material escolar e acceso ao fondo público solidario. Curso 2017-2018.

No enderezo web www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros está a información relativa a esta convocatoria e pódese descargar o Anexo I para poder solicitar estas axudas. Como arquivo adxunto está un resumo da Orde do 16 de maio de 2017 (Doga nº 96 do 22/05/2017), que regula a participación nesta convocatoria.

Xornada de portas abertas (Infantil).

O martes 6 de xuño ás 11:00 horas terá lugar no colexio, como vén sendo habitual, unha xornada de portas abertas para todas aquelas familias cuxos nenos e nenas empezan a súa Etapa de Educación Infantil no noso centro o vindeiro curso 2017-2018. Estas xornadas teñen un carácter informativo e de achegamento familia-escola.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer