ORIENTACIÓN VOCACIONAL 4º DA ESO

QUE BACHARELATO ESCOLLO?

Hoxe abordamos co alumando de 4º da ESO os aspectos a ter en conta á hora de escoller unha das catro modalidades posibles de BAC.

Nesta guía de BAC atoparedes familias e alumnado as claves básicas necesarias para non perdervos á hora de tomar unha decisión.

E lembrade, a escolla que fagades agora é importante, pero non é irreversible!! O sistema educativo ofrece diferentes vías e opcións para chegar á vosa meta.

E se todavía tedes dúbidas lembrade que podes pasar por Orientación os luns e os mércores no recreo, ou concertar unha cita previa se queredes vir coas vosas familias.

Do 1 ao 20 de marzo, o alumando que desexe continuar estudos no BAC deberá realizar a reserva de praza. E cando formalicedes a matrícula en xuño, será o momento de realizar a escolla de modalidade e materias.

Iremos informándovos dende o centro.

 

 

E se precisades seguir explorando un pouco mais os vosos intereses e aficións, aqui vos queda un enlace a unha páxina interactiva con 6 test de orientación vocacional para realizar dende a casa

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O pasado luns 30 de xaneiro conmemoramos no cole o Día Escolar da Paz e da Non Violencia. No acto  houbo música, lecturas,... Bótalle un vistazo o que fixemos no blog da biblioteca:

 


 

ORIENTACIÓN VOCACIONAL EN 4º DA ESO

Un ano máis o alumnado de 4º da ESO recibirá ao longo do segundo trimestre varias charlas sobre a orientación vocacional, con información específica sobre as diferentes opcións que teñen ao acadar o título (Bacharelato ou Ciclos formativos de Grado Medio).

Está previsto que o día 2 de marzo realicemos unha saída a Lugo para visitar os CIFPs Politécnico e As Mercedes, así coma o IES Muralla Romana, onde 3º e 4º ESO poderán visitar talleres e módulos, dos diferentes ciclos formativos de grado medio e superior.

E para aquel alumnado que oriente a súa formación cara o BAC e os estudos de Grao, realizarase unha charla sobre a Universidade o 19 de Abril da man dos responsables do Programa A Ponte da USC

Hoxe falamos da estrutura da Formación Profesional, organización, accesos, saídas laborais, opcións segundo a zona, test específicos que poden realizar se aínda teñen dúbidas...

Deixámosvos aquí a guía de FP para que a consultedes en familia.

 

 

A vindeira semana abordaremos o Bacharelato, e tamén vos deixaremos unha pequena guía explicativa.

Lembrade que no terceiro trimestre teremos, como tódolos anos, unha charla específica para as familias de 4º de ESO onde se explican os diferentes itinerarios, materias de BAC e características específicas dos ciclos.

OS RISCOS DE INTERNET. ÚLTIMO TEMA TRATADO NA ESCOLA DE PAIS E NAIS

Onte á tarde xuntámonos unha vez mais na Escola de pais e nais Barallando Xunt@s.

Desta vez abordouse a temática "Os riscos de internet" da man de Ramón Peña, o coordinador e responsable do Plan Director para a Convivencia na provincia de Lugo, quen nos falou dos perigos ós que estamos expostos como usuarios da rede, e especialmente aos que afectan ás nosas fillas e fillos.

Ramón incidiu na importancia de coñecer as webs, xogos ou Apps que adoitan a empregar, ensinándonos estratexias e ferramentas básicas de ciberseguridade útiles como usuarios da rede. Recomendou entre outras, o emprego de webs oficiais como a do INCIVE para consultas ou dúbidas e a App da Garda Civil AlertCops para recforzar a seguridade.

 

Sen dúbida unha chea de consellos importantes para poder acompañar responsablemente á rapazada no mundo dixital.

Moitas grazas a todas e todos por asistir unha vez mais!

Vémonos novamente en febreiro para falar do papel da familia na orientación vocacional das nosas crianzas!

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

Aquí vos deixamos a nosa recomendación de libros sobre educación afectivo sexual para leer en familia ou animar ás vosas fillas e fillos a facelo.

En cada unha das lupas dos libros atoparás un resumo sobre a súa temática, e as idades para ás que está recomendado.

En breve disporemos para préstamo na nosa biblio de todos os títulos, e vos animamos a compartir coas vosas crianzas a aventura de medrar!

  

INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRADO MEDIO E SUPERIOR

As probas de acceso ao ciclos de grado medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título da ESO, título profesional básico ou outros estudos equivalentes, continuar a súa formación accedendo aos Ciclos de Grao Medio.

Periodo de inscrición: do 27 de xaneiro ao 10 de marzo

Celebración da proba de Grado medio: 25 de maio

Consulta aquí a información xeral (inscrición, exencións, publicación de listaxes...) e o calendario detallado das probas a Grado Medio

 

Ábrese igualmente o periodo de inscripción para as probas de acceso ao Ciclo Superior con inscrición do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro, dirixidas neste caso a aquelas persoas que non posúan o título de Bacharelato ou de técnico de formación profesional ou estudos equivalentes, e desexen acceder a un ciclo superior.

Consulta a información xeral e calendario ás probas de Grado Superior.

 

 

Obradoiro de primeiros auxilios

Estes días aprendemos como actuar nunha emerxencia grazas a María Candelaria Fraga, enfermeira de familia comunitaria, que impartiu un taller de primeiros auxilios de forma desinteresada no noso colexio. O alumnado de 5º de Primaria e 1º da ESO fixo prácticas de:

- posición lateral de seguridade,

- manobra de Heimlich,

- RCP (reanimación cardio pulmonar).

 

     

Enviamos postais de Nadal á residencia San Vitorio

Hai unhas semanas, a residencia de Campolongo (Pontevedra) lanzou unha iniciativa que se viralizou nos medios: pediron á xente que enviase postais de Nadal aos residentes para facerlles chegar un pouco de afecto e cariño nestas datas. Desde o colexio, seguimos o seu exemplo e o alumnado de Primaria enviou postais de Nadal aos maiores da residencia San Vitorio.

Este vídeo foi a súa resposta para darnos as grazas:

 

Bo Nadal

Dende a biblioteca do CPI Luís Díaz Moreno desexámosvos unhas felices festas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet