Día da ciencia en galego

Día da Ciencia en Galego 2018

O 21 de novembro, despois de visitar o Museo Provincial de Lugo, rematamos a mañá no IES Ánxel Fole, asistindo co alumnado de 2º a 4º á charla impartida polo Dr. en Física Xabier Cid baixo o título  "A miña experiencia no CERN: en galego tamén facemos ciencia!". O alumnado de 1º da ESO, que non cursa a materia de Física e Química, participou á mesma hora nun obradoiro de papiroflexia impartido por un profesor do IES.

Captura do chío no Twitter de Xavier Cid


Tamén de ciencia veu falar ao noso centro o neurobiólogo e divulgador científico Xurxo Mariño o pasado 5 de decembro. O alumnado da ESO xunto con 5º e 6º de Primaria fixo unha viaxe científica virtual por diferentes lugares da Terra da man deste gran divulgador que nos falou de “Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo”.


Aproveitando que estaba Xurxo Mariño no centro, o EDLG convidou ás familias e ao profesorado a asistir a unha charla corta titulada “As miñas linguas e máis eu”. Xurxo contou anécdotas e curiosidades relacionadas coa aprendizaxe da linguaxe e a súa evolución na especie humana, poñendo en valor a nosa riqueza lingüística ao ter a posibilidade de escoitar dúas linguas nos primeiros meses de vida, etapa na que se adquiren a maioría dos fonemas.

Conferencia de Xurxo MNariño

RECOMPILACIÓN DE INFORMACIÓN E ACTIVIDADES SOBRE A CIENCIA EN GALEGO

Aquí van algunhas ligazóns onde tedes vídeos, actividades LIM... relacionadas coa ciencia en galego:

 

MANIFESTO Ángel Carracedo:

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/ciencia/doc/Manifiesto_mesdacienciagalegob14.pdf

 

VIDEOCONFERENCIAS organizadas pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega:

http://coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2014/videoconferencias.php

http://coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2013/videoconferencias.php

http://coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2012/videoconferencias.php

http://coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2011/videoconferencias.php

 

INFORMACIÓN XERAL:

-          Mulleres galegas na ciencia:

http://www.coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2010/doc/cientificas_galegas.pdf

-          Ángeles Alvariño, oceanógrafa:

http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=74

-          Antonia Ferrín Moreiras:

http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=220&autor=Antonia%20Ferr%EDn%20Moreiras

-          Científicas galegas:

http://www.baiona.org/c/document_library/get_file?uuid=525c9d70-d306-4956-9291-76cadc7339ce&groupId=10904

-          A ciencia ten nome de muller:

https://www.uvigo.es/opencms/export/sites/uvigo/sites/default/uvigo/DOCUMENTOS/igualdade/P3-141004-AS_ARTISTICAS-CALENDARIO_MULLER_2015_WEB.pdf

 

ACTIVIDADES LIM:

-          Biodiversidade:

https://dl.dropboxusercontent.com/u/42548879/biodiversidade/biodiversidade.html

-          Muller e ciencia:

https://dl.dropboxusercontent.com/u/42548879/mulleres_cientificasv2/mulleres_cientificasv2.html

-          Enerxía (6º EP):

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1353318998/contido/a_enerxia.html

-          Ángeles Alvariño, oceanógrafa:

http://www.chiscos.net/xestor/chs/alexandreboveda/angeles_alvarino/angeles_alvarino.html

 

VÍDEO DUN EXPERIMENTO SINXELO (EI ou primeiros cursos de EP)

https://vimeo.com/113100306

 

VÍDEOS:

Ben falado: a ciencia no punto de mira

https://www.youtube.com/watch?v=antmP1SNmCY

En galego tamén se fai ciencia

https://vimeo.com/12095941

Carracedo: en galego tamén se fai ciencia

https://vimeo.com/12482380

Beatriz de Carlos: en galego tamén se fai ciencia

https://vimeo.com/12060492

Jorge Mira: en galego tamén se fai ciencia

http://www.udc.es/engalegotamensefaiciencia/video7.html

Patricia Buján: en galego tamén se fai ciencia

http://www.udc.es/engalegotamensefaiciencia/video10.html

Belén Caride: en galego tamén se fai ciencia

http://www.udc.es/engalegotamensefaiciencia/video11.html

Entrevista a Xosé Miranda sobre a ciencia en galego

https://www.youtube.com/watch?v=W12Pf_bHhUU

Powered by Drupal - Design by artinet