Día da Ciencia en Galego 2018

O 21 de novembro, despois de visitar o Museo Provincial de Lugo, rematamos a mañá no IES Ánxel Fole, asistindo co alumnado de 2º a 4º á charla impartida polo Dr. en Física Xabier Cid baixo o título  "A miña experiencia no CERN: en galego tamén facemos ciencia!". O alumnado de 1º da ESO, que non cursa a materia de Física e Química, participou á mesma hora nun obradoiro de papiroflexia impartido por un profesor do IES.

Captura do chío no Twitter de Xavier Cid


Tamén de ciencia veu falar ao noso centro o neurobiólogo e divulgador científico Xurxo Mariño o pasado 5 de decembro. O alumnado da ESO xunto con 5º e 6º de Primaria fixo unha viaxe científica virtual por diferentes lugares da Terra da man deste gran divulgador que nos falou de “Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo”.


Aproveitando que estaba Xurxo Mariño no centro, o EDLG convidou ás familias e ao profesorado a asistir a unha charla corta titulada “As miñas linguas e máis eu”. Xurxo contou anécdotas e curiosidades relacionadas coa aprendizaxe da linguaxe e a súa evolución na especie humana, poñendo en valor a nosa riqueza lingüística ao ter a posibilidade de escoitar dúas linguas nos primeiros meses de vida, etapa na que se adquiren a maioría dos fonemas.

Conferencia de Xurxo MNariño

Powered by Drupal - Design by artinet