Saídas

Fitofaladoiro

Visitamos a residencia San Vitorio para aprender dos nosos maiores sobre os usos medicinais das prantas.

Máis información no ficheiro adxunto.

EXCURSIÓN 4º ESO

O alumnado de 4º de ESO realizou unha viaxe de fin de curso a Tenerife, acompañados por dúas das súas profesoras. Aquí deixamos algunha imaxe:

 

VISITA ÓS CENTROS DO ENTORNO

O pasado xoves, día 6 de marzo, o alumnado de 4º de ESO, acompañado pola orientadora e pola titora, visitaron o IES de Becerreá e o centro de Alta Montaña:

EXCURSIÓN Á SERRA DO COUREL

O alumnado de 2º de ESO realizou, o pasado 30 de outubro, unha ruta de sendeirismo na Serra do Courel, aproveitando tamén para levar a cabo as actividades organizadas polo seu profesor de Ciencias Naturais.


EXCURSIÓN DE 2º DE ESO

O pasado 6 de xuño, o alumnado de 2º de ESO, acompañado pola súa titora e outra profesora do centro, viaxaron á Coruña, onde visitaron o Acuario e o Museo Científico, ademais doutros lugares da cidade.

CLUB DE LECTURA

O alumnado de 3º de ESO, curso que formou parte do club de lectura, visitou varias localidades costeiras durante os días 29 e 30 de maio. Excursión na que estiveron acompañados pola súa titora e polo encargado do club de lectura.

Clicando na imaxe tedes unha presentación desa viaxe:

EXCURSIÓN DE 4º DE ESO

O alumnado de 4º de ESO, acompañado por dúas profesoras do centro, realizaron unha viaxe de fin de curso, na que visitaron Cádiz, Xerez, Sevila e Salamanca.

PARTICIPACIÓN NO CORRELINGUA

O 3 de maio, o alumnado de 2º ciclo de Educación Primaria, e mais o seu titor, trasladáronse a Lugo para participar no Correlingua 2013.

VISITA A MARCELLE

O pasado día 23 de abril, o alumnado do 1º ciclo de EP, acompañado polas súas profesoras, visitaron Marcelle. Aquí deixamos algunhas fotos:

Powered by Drupal - Design by artinet